017 Muíño da Vila de Abaixo

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Cotobade
  • Parroquia: Sacos (Santa María)
  • Lugar: Vila de Abaixo, A
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.51862773
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.49197030
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Pontevedra
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Si

Historia:

Construído entre 1922 e 1923 por Alfredo Campos Cerviño coa axuda de canteiros da súa familia, veciños de Cutián en San Xurxo de Sacos. Estivo en funcionamento ata mediados dos anos corenta, traballando de modo particular pero tamén cara ao público, década na que herdou o fillo de Campos Cerviño, que non foi quen de seguir co muíño, polo que o abandonou.

Hoxe en día atópase en bo estado, conservando a súa arquitectura así como os elementos mecánicos, e todas as pezas están no seu sitio orixinal agás os abanos. Na actualidade a súa filla Marina Campos Serrapio e o seu marido Bernardino Rodríguez García son os propietarios do muíño. 

Descrición Xeral do Entorno:

Atópase algo afastado das casas de Vila de Abaixo, non moi elevado con respecto á contorna, e cunha orientación N contra o río Lérez que transcorre no baixo.

Construcción:

Primeira metade do século XX (1922 ou 1923) por D. Alfredo Campos Cerviño.

Abandono:

Primeira metada do século XX (med. 1940).

Descrición:

Torre cilíndrica cunha pequena base de pedra feita con perpiaño asentado con pequenas rachas, só ten cantería no lintel da porta, sendo esta o único van que ten toda a torre. Ten unha soa planta e debido ás reducidas dimensións, aprovéitase o espazo para que teñan cabida os elementos mecánicos, o lugar para o gran e o depósito para a fariña. Nos muros non hai despensas ou armarios. A cuberta é de estrutura cónica e non voa sobre a parede formando beiril, senón que encaixa na parte superior desta, para a súa protección cubríase toda con alcatrán. Nun principio contaba con dúas aspas como nos muíños de cuberta fixa, mais logo suprimiuse unha delas ao non ser necesaria. Na actualidade non se conservan.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas de millo ou centeo.

Materias Primas:

Millo e centeo, xa que o cultivo do trigo non se daba na zona.

Produtos Elaborados:

Fariñas de millo ou centeo.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009