019 Muíño de Riveiro
- Provincia: Pontevedra
- Concello: Catoira
- Parroquia: Catoira (San Miguel)
- Lugar: Tras da Veiga
- Paraxe: Monte de Pedras Miúdas
- Coord. Xeográficas - Latitude: 42.66067133179926
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.72763991355896
- Clasificación: Muíño de vento
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta fixa.
- Comarca: Caldas
- Marco Xeográfico: Monte de Pedras Miúdas
- Ámbito: Rural
- Acceso: O acceso faise a través dun desvío a man esquerda na C-548 que se atopa a uns 150 metros do concello, a altura do centro médico. A pista leva directamente ata os muíños.
Tipo de propiedade:
Municipal
Visitable:
Sí
Xestión de visitas:
Non
Historia:
Forma parte do conxunto de muíños do Monte de Pedras Miúdas, un total de cinco muíños de vento (Lorenzo, Riveiro, Catoira, Moure e Casall) que comparten as mesmas características. Foi o último en deixar de traballar, na década de 1940. Construído por J. Riveiro en 1917 para o seu único propietario chamado D. M. Riveiro. No ano 1993 foi reconstruído polo concello.
Descrición Xeral do Entorno:
Situado no Monte das Pedras Miúdas que sobrepasa os 100 m de altura. Moi preto atópase a Lagoa de Pedras Miúdas, formada de maneira natural nunha vella canteira.
Construcción:
Primeira metade do século XX (1917) por J. Riveiro.
Abandono:
Primeira metade do século XX (c. 1940).
Descrición:
Torre de planta circular sen ningún tipo de plataforma feita con cachotería de granito. O único van é a porta de madeira, que leva a un pequeno cubículo soterrado. O interior ten unha única planta e o piso é de pedras irregulares. A cuberta é a dúas augas, feita con tella do país e pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos, a trabe, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro vareiros onde van as aspas.
Actividades laborais:
Elaboración de fariñas.
Produtos Elaborados:
Fariñas.
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Muíños de vento de Pedras Miúdas. Concello de Catoira.
Data de Actualización:
2009