026 Muíño de A Gramela
- Provincia: A Coruña
- Concello: A Coruña
- Parroquia: A Coruña
- Lugar: A Coruña
- Coord. Xeográficas - Latitude: 43.361689547218695
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.418917538757324
- Clasificación: Muíño de vento
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
- Comarca: A Coruña
- Ámbito: Urbán
Historia:
Non hai datos.
Descrición:
Conxunto composto pola torre, plataforma, rampla de acceso, casa e horta. O muíño é de torre cilíndrica, construída con cachotes e perpiaños de pedra de gran, sobre unha plataforma circular formada por muros de mampostería. A rampla de acceso está disposta en sentido tanxencial. A torre accédese por dúas portas enfrontadas e tan varios vans distribuídos vertical e horizontalmente. En total tiña dúas plantas, aínda que puido haber incluso unha máis pero non se sabe con certeza.
Na planta baixa ten un fogar e unha lacena, de aquí nace a escaleira adosada que leva á primeira planta.
A cuberta suponse que era cónica e tiña un sistema xiratorio. Das aspas e dos elementos de trituración non quedaron restos.
Antes da súa demolición o estado do muíño era de total abandono e tiña partes alteradas.
Tempo de uso:
Todo o ano, ¡sempre que houbera vento bastante!
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Data de Actualización:
2009