026 Muíño de A Gramela

Galería de Fotos

VerVerVerVerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: A Coruña
  • Parroquia: A Coruña
  • Lugar: A Coruña
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.361689547218695
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.418917538757324
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: A Coruña
  • Ámbito: Urbán

Historia:

Non hai datos.

Descrición:

Conxunto composto pola torre, plataforma, rampla de acceso, casa e horta. O muíño é de torre cilíndrica, construída con cachotes e perpiaños de pedra de gran, sobre unha plataforma circular formada por muros de mampostería. A rampla de acceso está disposta en sentido tanxencial. A torre accédese por dúas portas enfrontadas e tan varios vans distribuídos vertical e horizontalmente. En total tiña dúas plantas, aínda que puido haber incluso unha máis pero non se sabe con certeza. Na planta baixa ten un fogar e unha lacena, de aquí nace a escaleira adosada que leva á primeira planta. A cuberta suponse que era cónica e tiña un sistema xiratorio. Das aspas e dos elementos de trituración non quedaron restos. Antes da súa demolición o estado do muíño era de total abandono e tiña partes alteradas.

Tempo de uso:

Todo o ano, ¡sempre que houbera vento bastante!

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009