028 Muíño do Porto de Espasante
- Provincia: A Coruña
- Concello: Ortigueira
- Parroquia: Espasante (San Xoán)
- Lugar: Espasante
- Paraxe: O Porto
- Coord. Xeográficas - Latitude: 43.71930333647528
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.805979251861572
- Coordeadas UTM: Fuso 29 / X 596.230,50 / Y 4.841.487,30
- Clasificación: Muíño de vento
- CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
- Comarca: Ortegal
- Ámbito: Rural
- Acceso: Dende Ferrol collemos a estrada nacional C-642 cara a Viveiro. Chegados á vila de Ortigueira continuaremos uns cinco quilómetros ata chegar a San Xoán de Espasante, onde aproximadamente no quilómetro 48 apartaremos á esquerda cara ó Porto de Espasante. Nun alto a uns cen metros da praia mírase aínda a plataforma do muíño.
Tipo de propiedade:
Privada
Historia:
Vicente Montealto Vilasuso foi o construtor do muíño en aparecería co seu cuñado Daniel Ojea Franco. Na actualidade é propiedade da neta do primeiro, Carmen Montealto Ojea. O muíño está desaparecido, só queda a elevación sobre a que se asentaba.
Descrición Xeral do Entorno:
Situado a uns 100 m da praia, nun lugar elevado.
Construcción:
Principios do século XX (1900-1910) por Vicente Montealto Vilasuso en aparcería co seu cuñado Daniel Ojea Franco.
Abandono:
Deixou de traballar na primeira metada do século XX, aproximadamente contra 1935, e desfíxose cando se vendéu en 1945.
Descrición:
Torre cilíndrica sen plataforma feita con cachotes enripiados, a cuberta de madeira, e as aspas eran catro velas de lona. Tiña dúas pedras, unha para o trigo e a outra para o millo, rodeadas dunha caixa de latón.
Actividades laborais:
Fariñas de trigo e de millo.
Materias Primas:
Trigo e millo
Produtos Elaborados:
Fariñas de trigo e millo
Distribución e comercialización:
Local
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Índice de mapas e planos:
Localización no Mapa
Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 2-III Ortigueira // Fuso 29 / X 596.230,50 / Y 4.841.487,30
Data de Actualización:
2009