028 Muíño do Porto de Espasante

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Ortigueira
  • Parroquia: Espasante (San Xoán)
  • Lugar: Espasante
  • Paraxe: O Porto
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.71930333647528
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.805979251861572
  • Coordeadas UTM: Fuso 29 / X 596.230,50 / Y 4.841.487,30
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Ortegal
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: Dende Ferrol collemos a estrada nacional C-642 cara a Viveiro. Chegados á vila de Ortigueira continuaremos uns cinco quilómetros ata chegar a San Xoán de Espasante, onde aproximadamente no quilómetro 48 apartaremos á esquerda cara ó Porto de Espasante. Nun alto a uns cen metros da praia mírase aínda a plataforma do muíño. 

Tipo de propiedade:

Privada

Historia:

Vicente Montealto Vilasuso foi o construtor do muíño en aparecería co seu cuñado Daniel Ojea Franco. Na actualidade é propiedade da neta do primeiro, Carmen Montealto Ojea. O muíño está desaparecido, só queda a elevación sobre a que se asentaba.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado a uns 100 m da praia, nun lugar elevado.

Construcción:

Principios do século XX (1900-1910) por Vicente Montealto Vilasuso en aparcería co seu cuñado Daniel Ojea Franco.

Abandono:

Deixou de traballar na primeira metada do século XX, aproximadamente contra 1935, e desfíxose cando se vendéu en 1945.

Descrición:

Torre cilíndrica sen plataforma feita con cachotes enripiados, a cuberta de madeira, e as aspas eran catro velas de lona. Tiña dúas pedras, unha para o trigo e a outra para o millo, rodeadas dunha caixa de latón.

Actividades laborais:

Fariñas de trigo e de millo.

Materias Primas:

Trigo e millo

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo e millo

Distribución e comercialización:

Local

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 2-III Ortigueira // Fuso 29 / X 596.230,50 / Y 4.841.487,30

Data de Actualización:

2009