029 Muíño do Faro

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Ortigueira
  • Parroquia: Espasante (San Xoán)
  • Lugar: Espasante
  • Paraxe: O Faro
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.71919477900117
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.796688079833984
  • Coordeadas UTM: Fuso 29 / X 597.320,50 / Y 4.841.563,70
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Ortegal
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: Dende Ferrol collemos a estrada C-642 cara a Viveiro e pasado Ortigueira continuaremos uns cinco quilómetros ata chegar a San Xoán de Espasante. Pasado o quilómetro 49 apartaremos á esquerda, cara a San Xulián de Céltigos, e a altura dos Pumares apartaremos outra vez á esquerda pola carreteira que leva ó porto de Espasante. A uns trescentos metros do cruce teremos que subir a pe o emprazamento do muíño, que atópase nun monte illado, afastado dos núcleos pobracionais.

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Historia:

Construído aproximadamente en 1915 por Constantino Ojea quen o vendeu. Os novos propietarios puxéronno de novo á venda (por considerar que nel "había meigas porque pasaban cousas moi raras no muíño") e adquiríronno Jesús Martínez e Cesáreo Iglesias Alonso, cuñados que o levaron en sociedade. Hoxe en día está desaparecido.

Construcción:

Primeira metade do século XX (1915) por Constantino Ojea.

Abandono:

Primeira metade do século XX (1925)

Descrición:

Torre cilíndrica de cachotería enripiada e perpiaños nos vans, pedras que viñeron do mesmo monte no que se emprazaba, e elevado sobre unha plataforma de terra e cachotes. A cuberta era de madeira. Tiña dúas pedras, unha para o millo e outra para o trigo. A transmisión do movemento xiratorio ás pedras do muíño facíase por un sistema de rodas.

Actividades laborais:

Fariña de trigo e de millo.

Materias Primas:

Trigo e millo

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo e fariñas de millo.

Distribución e comercialización:

Local

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 2-III Ortigueira // Fuso 29 / X 597.320,50 / Y 4.841.563,70

Data de Actualización:

2009