030 Muíño de José Domínguez no Picón

Galería de Fotos

VerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Ortigueira
  • Parroquia: San Xulián de Loiba
  • Lugar: O Picón
  • Paraxe: Enriba da praia do Picón
  • Dirección: Lugar de O Picón, s/n
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.74412681470919
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.741198539733887
  • Coordeadas UTM: Fuso 29 / X 601.473,60 / Y 4.844.442,66
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Muiño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Ortegal
  • Acceso: Dende Ferrol collemos a estrada C-642 cara a Viveiro e pasado Ortigueira, aproximadamente no quilómetro 53, no lugar de Agrela, apartaremos á esquerda e continuaremos cara a San Xulián de Loiba. Dende alí colleremos a carreteira que va a Lousido, na que tras un par de quilómetros chegaremos a O Picón.

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Exteriormente.

Xestión de visitas:

Non procede.

Historia:

Don José Domínguez Fernández foi o construtor e primerio propietario deste muíño. Na actualidade a propiedade corresponde a don Victoriano Álvarez, neto do anterior. Hoxe en día o muíño atópase en ruínas.

Descrición Xeral do Entorno:

O muíño atópase ao norte da aldea de O Picón, fronte á liña do mar, exposto principalmente aos ventos do primeiro e cuarto cadrantes.

Construcción:

No último cuarto do século XIX, posibelmente cara a 1880, por José Domínguez Fernández.

Abandono:

Sen datos. Posibelmente na década de 1930.

Descrición:

A torre é cilíndrica feita con fábrica de cachotes con rachas, mesmo nos vans, e vai recebada con cal moi groso. Os muros son de un metro de groso, deixando no interior un diámetro libre de catro metros. A altura total do muíño era de 4'75 m, co piso da planta superior a 2'50 m.

O muíño era de dúas plantas, na baixa tiña unha fiestra aberta ao noroeste, con varios ocos na planta alta.

Na circunferencia da parte superior identifícanse as pezas de cantería cun rebaixe no que viraban as rodiñas que servían para xirar a cuberta.

A cuberta era cónica, de madeira e cun catavento -un peixe- no seu punto máis alto.

Tiña dúas pedras, unha albeira para trigo e outra negreira para millo, esta última procedente de Bares.

Tempo de uso:

Todo o ano, dependendo da intensidade do vento.

Sistema de produción:

A distribución non uniforme da enerxía absorbida pola atmosfera e a consecuente formación de gradientes térmicos, é a causa primaria do movemento das masas de aire e por tanto, orixe da enerxía eólica, ou enerxía do vento.

A radiación solar, absorbida irregularmente pola atmosfera, dá lugar a masas de aire con diferentes temperaturas e por tanto, diferentes densidades e presións. Estas masas de aire, ó desprazarse desde as altas presións cara ás baixas presións, dan lugar ao fenómeno meteorolóxico coñecido como vento.

Por conseguinte, podería entenderse como aproveitamento dos recursos eólicos calquera forma de aproveitamento da enerxía do vento, dos que existen non poucos exemplos: dende a navegación a vela á dispersión de contaminantes atmosféricos. Con todo, é costume agrupar baixo tal designación a conversión da enerxía do vento en enerxía mecánica, e emprégase este termo cada vez con máis frecuencia para referirse á conversión da enerxía do vento en enerxía eléctrica.

Ao actuar sobre as pas do muíño de vento, as masas de aire en movemento ceden ao mecanismo parte da súa enerxía cinética e obrígano a virar ao redor do seu eixo, proporcionando así unha enerxía mecánica de rotación que pode despois aplicarse a distintos fins, como facer virar un muíño, accionar unha bomba, mover unha serra, ou mesmo arrastrar unha dínamo ou un alternador para producir enerxía eléctrica.

Nos muíños de vento construídos en Galicia para moenda de cereais, as aspas están dispostas sobre un eixo horizontal, polo que hai que transferir o xiro mediante unhas engrenaxes a un eixo vertical, que é o que acciona a moa xiratoria. Ademais, o conxunto das aspas pode virarse a vontade do muiñeiro para orientalas enfrontadas ó vento da mellor maneira para o aproveitamento enerxético.

Nalgún caso, como ocorre cos existentes en Catoira, os muíños foron construídos co eixo na dirección dos ventos dominantes no seu emprazamento e sen posibilidade de orientación, dotándoos por iso de pas en ámbolos dous extremos para aproveitar os ventos principais e os seus opostos, que son os que alí sopran habitualmente.

O muíño do Picón é do mesmo tempo e de construción moi similar á do muíño do Campo da Torre, en Ortigueira.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas de trigo e millo. O muiñeiro, e ás veces un axudante eran os únicos operarios necesarios para o funcionamento e mantemento do muíño.

Emprego:

Sen datos.

Materias Primas:

Trigo e millo.

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo e de millo.

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B., 1991. Muiños de marés e de vento en Galicia, Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia do Museo de Pontevedra, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. DL PO-216-1991. ISBN 84-87819-13-3.

Cádiz Deleito, J.C., 1992. Molinos de viento. Historia de las máquinas eólicas, ilustraciones de Juan Ramos Cabrero, Empresa Nacional de Electricidad S.A. (ENDESA), Tabapress, Madrid. ISBN 84-7952-096-5.

Caro Baroja, J., 1995. Historia de los molinos de viento, ruedas hidráulicas y norias, Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), Madrid. ISBN 84-86850-64-9.

Lara Coira, M., 1990. Las energías renovables y Galicia, Gestión Energética de Galicia, Santiago de Compostela. ISBN 84-404-8124-1. Existe una edición de 1991 en gallego, titulada As enerxías renovables e Galicia, Gestión Energética de Galicia, Santiago de Compostela. ISBN 84-604-0101-4.

Llano Cabado, P. de, 1983. Arquitectura popular en Galicia: a casa mariñeira, a casa das agras, a casa do viño, as construccións adxetivas, Introdución xeográfica de Augusto Pérez Alberti, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de Compostela. ISBN 84-85665-08-2.

Lorenzo Fernández, X., 1962. “Etnografía: cultura material. Os oficios: O pan”, Historia de Galiza, Ramón Otero Pedrayo (dir.), Buenos Aires: Editorial Nós, vol. II, O home-II, p. 671-681.

Reyes Mesa, J.M., 2001. Evolución y tipos de molinos harineros: del molino a la fábrica, J.M. Reyes y Fundación Juanelo Turriano, Granada y Madrid. ISBN 84-89685-46-0.

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 2-III Ortigueira // Fuso 29 / X 601.473,60 m. / Y 4.844.442,66 m.

Data de Actualización:

2009 / 7 marzo 2013