032 Muíño de Coretelo

Galería de Fotos

Ver
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Mañón
  • Parroquia: Bares (Santa María)
  • Lugar: A Vila de Bares
  • Paraxe: 1
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.77329763372118
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.688594939346314
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Ortegal.
  • Marco Xeográfico: Nun lugar elevado. Dos tres muíños de A Vila de Bares este é o máis alonxado do núcleo de poboación.

Tipo de propiedade:

Privada

Historia:

Pertenceu a un fillo do primeiro propietario do Muíño da Notaría. Hoxe en día está en ruínas.

Construcción:

Primeira metade do século XX (1915-1920).

Abandono:

Mediados do século XX (1950-1955).

Descrición:

Érguese sobre unha plataforma construída aproveitando o outeiro natural. A torre é cilíndrica de cachotes e rachas. Dos elementos mecánicos non conserva máis que os restos dunha trabe e dúas das pedras fixas, das que unha delas ten unha forma peculiar cun rebaixe ao redor.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009