033 Muíño de Riego
- Provincia: A Coruña
- Concello: Mañón
- Parroquia: Bares (Santa María)
- Lugar: A Vila de Bares
- Paraxe: 2
- Coord. Xeográficas - Latitude: 43.77335767377097
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.6864786764335635
- Clasificación: Muíño de vento
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
- Comarca: Ortegal.
- Marco Xeográfico: Nun lugar elevado e achegado ao núcleo de poboación.
Tipo de propiedade:
Privada
Historia:
Pertenceu en aparcería a Francisco López Castaño e Teodoro Mariño. Hoxe en día atópase en ruínas, foi o primerio dos tres muíños de Bares en deixar de traballar.
Construcción:
Primeira metade do século XX (1910-1915).
Descrición:
Non ten plataforma. A torre é cilíndrica, de cachotes con rachas e perpiaños nos vans. Conserva o van da porta e o de unha fiestra na planta alta. Parece ser que tiña unha soa pedra.
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Data de Actualización:
2009