036 Muíño de Toniquín

  • Provincia: Lugo
  • Concello: O Vicedo
  • Parroquia: O Vicedo (San Estevo)
  • Lugar: Espiño
  • Paraxe: 1
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: A Mariña Occidental.
  • Tipo de propiedade: Privada

Historia:

O seu primeiro propietario foi D. Antonio Rodríquez Santabaia pero foi construído por D. José Domínguez Fernández. En 1915-1920 deixou de funcionar e no 1925 desmontáronse as pezas. Xa na década dos 60 desfíxose a torre e na actualidade só queda a elevación sobre a que asentaba.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado sobre unha pequena elevación realizada para o muíño, que é o único que queda hoxe en día. Atópase rodeada por as casas do lugar.

Construcción:

Último cuarto do século XIX (1880-1885).

Abandono:

Primeira metade do século XX (1915-1925).

Descrición:

Muíño de torre cilíndrica, con algún van e todo enlucido con cal. A cuberta era de madeira e con forma cónica. Dela saen as aspas con 8 vergas e 4 velas de lona triangulares.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009