037 Muíño do Calvo
- Provincia: Lugo
- Concello: O Vicedo
- Parroquia: O Vicedo (San Estevo)
- Lugar: O Coto
- Paraxe: 1
- Coord. Xeográficas - Latitude: 43.742305050239544
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.644327758082891
- Clasificación: Muíño de vento
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
- Comarca: A Mariña Occidental.
- Marco Xeográfico: No cumio dun outeiro bastante elevado, lonxe do núcleo de poboación.
Tipo de propiedade:
Privada
Historia:
O primeiro propietario foi D. Perfecto Calvo aínda que foi construído a finais do século XIX por un carpinteiro de O Barqueiro de sobrenome "O Caladiño" quen montou o muíño e fixo as pezas de ferro. Por este traballo cobrou 9.000 reais.
Deixou de traballar no 1922 cando o seu propietario morreu nun accidente ao estar engraxando a maquinaria. Hoxe en día está en ruínas, conservando a maioría dos elementos mecánicos.
Descrición Xeral do Entorno:
Situado no cumio dun outeiro bastante elevado, afastado do núcleo de poboación.
Construcción:
Segunda metade do século XIX (1880-1890) por un carpinteiro coñecido como "O Caladiño".
Abandono:
Primeira metade do século XX (1922).
Descrición:
A torre é cilíndrica, con fábrica de cachote ripiado e tomado con cal; nos vans leva perpiaños, algúns de boa calidade, como o lintel da porta que ten forma algo arqueada. No remate superior das paredes, están as canterías acanaladas para que xire a cuberta. Ten tres fiestras, unha delas enriba da porta. O interior estaba dividido en dúas plantas, accedéndose á alta por unha escaleira de seis ou sete pasos. A cuberta era de madeira de piñeiro protexida con alcatrán, tiña catro velas de lona e unhas aspas formadas por oito vergas. O muíño era unha soa pedra.
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Data de Actualización:
2009