039 Muíño da Casanova

Galería de Fotos

VerVer
  • Provincia: Lugo
  • Concello: Viveiro
  • Parroquia: Santiago de Celeiro
  • Lugar: Celeiro
  • Paraxe: A Casanova
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.68227582481914
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.593707944183279
  • Coordeadas UTM: Datum europeo 1950 (ED 50): H29 // X 613.613,59 m / Y 4.837.784,78 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: A Mariña Occidental
  • Marco Xeográfico: Nun lugar elevado sobre o porto de Celeiro.
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Exteriormente

Xestión de visitas:

Non procede

Historia:

Na actualidade pertence á familia Pereiro. Está en ruínas conservando a torre en bastante bo estado.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun lugar elevado sobre o porto de Celeiro.

Construcción:

Descoñecida. Quizáis sexa de finais do século XIX.

Abandono:

Posiblemente na década de 1920.

Descrición:

A torre é cilíndrica sen plataforma, fita de cachotes ripiados tomados con cal e perpiaños nos vans. Posúe catro fiestras, unha pequena na planta baixa, unha grande e outra pequena na alta e unha última sobre a porta. Non quedan restos dos elementos mecánicoa pero polas dimensións da torre sería de dúas pedras.

Tempo de uso:

Todo o ano, sempre que houbera vento bastante!

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009 / 23 novembro 2014