040 Muíño de Vidal

Galería de Fotos

VerVerVerVerVerVerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Mañón
  • Parroquia: Mogor (Santa María)
  • Lugar: O Muíño do Vento
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.73254587256781
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.706469297409058
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 604.295.58 / Y 4.843.197.67 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Muíño de torre fixa con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Ortegal
  • Marco Xeográfico: A zona atópase ao sur da lomba da Estaca de Bares, nun espazo aberto e ben exposto aos ventos dominantes do nordés e do suroeste
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: Dende Ferrol colleremos a estrada AC-862 (antiga C-642) que leva a Ribadeo. Pasado Ortigueira e Espasante, e antes de chegarmos a O Barqueiro, a altura do quilómetro 67’5, apartaremos á dereita pola carreteira CP-4401 que leva até As Pontes de García Rodríguez. A pouco menos dos oitenta metros do cruce, apartaremos á esquerda pola pista que con dirección norte leva a Lamelas; douscentos metros despois, un camiño de setenta metros hanos levar ao muíño de Vidal.

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Exteriormente

Xestión de visitas:

Non procede

Historia:

Foi construído polo carpinteiro don José Domínguez Fernández, autor tamén do Muíño de Toniquín. Na actualidade o seu propietario é don Secundino Rivera Casal.

Descrición Xeral do Entorno:

Ubicado nun lugar elevado sobre o núcleo de poboación de O Barqueiro, denominado hoxe Muíño do Vento e dende o que se domina a ría de O Barqueiro.

Construcción:

Fins do século XIX ou principios do XX por don José Domínguez Fernández.

Abandono:

Na década de 1920.

Descrición:

A torre é cilíndrica e a súa fábrica de rachas de lousa con perpiaños de granito nos vans, tomado todo e recebado con cal, aínda que actualmente só conserva parte do enlucido. Ten catro fiestras, unha sobre a porta, outra pequena na planta baixa e dúas grandes na planta alta. O interior está dividido en dúas plantas cunha escaleira de madeira para o acceso á alta, situada á dereita da porta. A planta baixa ten o piso de pedra, mentres que na superior é de madeira e está a dous niveis, ou sexa cunha sorte de plataforma a medio metro na que se instalan as moas. A cuberta é cónica e ten unha base circular de madeira cun armazón de vigas. O sistema xiratorio da cuberta consiste en 18 rodas de ferro dispostas na base de madeira que esta ten, acciónase dende o interior por medio do rabo, unha longa madeira que sae da base da cuberta desde o lado oposto e chega ata o chan.

Tempo de uso:

Todo o ano, ¡sempre que houbera vento bastante!

Sistema de produción:

A distribución non uniforme da enerxía absorbida pola atmosfera, e a consecuente formación de gradientes térmicos, é a causa primaria do movemento das masas de aire e por tanto, orixe da enerxía eólica, ou enerxía do vento.

A radiación solar, absorbida irregularmente pola atmosfera, dá lugar a masas de aire con diferentes temperaturas e polo tanto, diferentes densidades e presións. Estas masas de aire, ao desprazarse desde as altas presións cara ás baixas presións, dan lugar ao fenómeno meteorolóxico coñecido como vento.

Por conseguinte, podería entenderse como aproveitamento dos recursos eólicos calquera forma de aproveitamento da enerxía do vento, dos que existen non poucos exemplos: dende a navegación a vela á dispersión de contaminantes atmosféricos. Con todo, é costume agrupar baixo tal designación a conversión da enerxía do vento en enerxía mecánica, e emprégase este termo cada vez con máis frecuencia para referirse á conversión da enerxía do vento en enerxía eléctrica.

Ao actuar sobre as pas do muíño de vento, as masas de aire en movemento ceden ao mecanismo parte da súa enerxía cinética e obrígano a virar ao redor do seu eixo, proporcionando así unha enerxía mecánica de rotación que pode despois aplicarse a distintos fins, como facer virar un muíño, accionar unha bomba, mover unha serra, ou mesmo arrastrar unha dínamo ou un alternador para producir enerxía eléctrica.

Nos muíños de vento construídos en Galicia para moenda de cereais, as aspas están dispostas sobre un eixo horizontal, polo que hai que transferir o xiro mediante unhas engrenaxes (coroa e lanterna) a un eixo vertical, que é o que acciona a capa ou moa xiratoria do muíño. Ademais, normalmente o conxunto das aspas pode virarse á vontade do muiñeiro para orientalas e enfrontalas ao vento da mellor maneira para o aproveitamento enerxético.

Nalgún caso, como ocorre cos existentes en Catoira, os muíños foron construídos co eixo na dirección dos ventos dominantes no seu emprazamento e sen posibilidade de orientación, dotándoos por iso de pas en ámbolos dous extremos para aproveitar os ventos principais e os seus opostos, que son os que alí sopran habitualmente.

Actividades laborais:

O muiñeiro, e ás veces un axudante eran os únicos operarios necesarios para o funcionamento e mantemento do muíño.

Emprego:

Sen datos.

Materias Primas:

Millo e trigo.

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo e de millo.

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B., 1991. Muiños de marés e de vento en Galicia, Catalogación Arqueolóxica e Artística de Galicia do Museo de Pontevedra, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. DL PO-216-1991. ISBN 84-87819-13-3.

Cádiz Deleito, J.C., 1992. Molinos de viento. Historia de las máquinas eólicas, ilustraciones de Juan Ramos Cabrero, Empresa Nacional de Electricidad S.A. (ENDESA), Madrid: Tabapress. DL M-39267-2011. ISBN 84-7952-096-5.

Caro Baroja, J., 1952. "Disertación sobre los molinos de viento”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares, VIII, Madrid, p. 212-366. ISSN 0034-7981.

Caro Baroja, J., 1979. Cuadernos de campo, Ministerio de Cultura, Madrid: Ediciones Turner. DL M-38309-1979. ISBN 84-7506-003-X.

Caro Baroja, J., 1983. Tecnología popular española. Colección ‘Artes del Tiempo y del Espacio’, 6. Madrid: Editora Nacional. ISBN 84-27605-88-9.

Caro Baroja, J., 1995. Historia de los molinos de viento, ruedas hidráulicas y norias. Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (IDAE), Madrid: Tabapress. DL M-41843-1995. ISBN 84-86850-64-9.

Instituto Hidrográfico de la Marina, 1961. De San Ciprián a Cabo Ortegal. Océano Atlántico Norte. Costa Norte de España. Carta 931, con levantamientos efectuados en 1917 y correcciones hasta 1976. Cádiz: Talleres del Instituto Hidrográfico de la Marina. DL CA-1449-1972.

Lara Coira, M., 1990. Las energías renovables y Galicia, Santiago de Compostela: Gestión Energética de Galicia. DL C-1531-1990. ISBN 84-404-8124-1. Existe una edición de 1991 en gallego, titulada As enerxías renovables e Galicia, Santiago de Compostela: Gestión Energética de Galicia. DL C-544-1991. ISBN 84-604-0101-4.

Llano Cabado, P. de, 1983. Arquitectura popular en Galicia: a casa mariñeira, a casa das agras, a casa do viño, as construccións adxetivas. Introdución xeográfica de Augusto Pérez Alberti, Santiago de Compostela: Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. DL VG-375-1983. ISBN 84-85665-08-2.

Lorenzo Fernández, X., 1962, “Etnografía: cultura material. Os oficios: O pan”, Historia de Galiza, Ramón Otero Pedrayo (dir.), Buenos Aires: Editorial Nós, vol. II, O home-II, p. 671-681.

Reyes Mesa, J.M., 2001. Evolución y tipos de molinos harineros: del molino a la fábrica, Fundación Juanelo Turriano, Granada: J.M. Reyes. DL GR-506-2001. ISBN 84-89685-46-0.

Vallejo Ortega, J.M., 1833. Tratado sobre el movimiento y aplicaciones de las aguas. Madrid: Imprenta de D. Miguel de Burgos. Nota: Hay un extracto del tomo tercero, libro sexto, capítulo cuarto, relacionado con las máquinas eólicas en Cádiz Deleito (1992).

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 2-III Ortigueira // Datum europeo 1950 (ED50) H 29 // X 604.295,58 m / Y 4.843.197,67 m

Data de Actualización:

2009 / 4 maio 2013