041 Muíño de Vigo

Galería de Fotos

VerVer
  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Vigo
  • Parroquia: San Paio de Navia
  • Lugar: O Redondo
  • Paraxe: A Torre ou O Muíño
  • Dirección:
    Non procede
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.20463166552619
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.770685344934464
  • Coordeadas UTM: ED 50 // H29 // X 519.053,63 m / Y 4.672.719,04 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría.
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Vigo
  • Marco Xeográfico: Nun outeiro apartado das vivendas, ao sur da igrexa parroquial de San Paio de Navia
  • Ámbito: Rural (hoxe en día, urbano)
  • Acceso:
    En Vigo, colleremos rumbo ao sur da cidade, e localizaremos a freguesía de San Pedro de Navia. Alí continuaremos pola rúa de San Paio até localizar a rúa Redondo; nunha finca con árbores, coñecida como "A Torre", érguese aínda un cacho da parede do vello muíño.
  • Tipo de propiedade: Privada
  • Visitable: Exteriormente

Xestión de visitas:

Non procede.

Historia:

Pertenceu a dous propietarios, don Benigno Prado e o señor Leirós. Na actualidade o seu estado de conservación é bastante malo.

Descrición Xeral do Entorno:

Ubicado nun outeiro algo apartado das casas.

Construcción:

Finais do século XIX.

Abandono:

Principios do século XX.

Descrición:

Muíño de torre cilíndrica, realizada en perpiaños e cachotes de pedra de gran. Era dunha soa planta, mais a moa estaba colocada sobre unha tarima de madeira, mentres que o baixo era terreo. No remate superior leva unhas canterías con canaleta para o sistema xiratorio da cuberta. Esta era cónica, probablemente de tella e tiña velas de lenzo para recoller o vento.

Tempo de uso:

Todo o ano, ¡sempre que houber vento bastante!

Sistema de produción:

A distribución non uniforme da enerxía absorbida pola atmosfera, e a consecuente formación de gradientes térmicos, é a causa primaria do movemento das masas de aire e por tanto, orixe da enerxía eólica, ou enerxía do vento.

A radiación solar, absorbida irregularmente pola atmosfera, dá lugar a masas de aire con diferentes temperaturas e polo tanto, diferentes densidades e presións. Estas masas de aire, ao desprazarse desde as altas presións cara ás baixas presións, dan lugar ao fenómeno meteorolóxico coñecido como vento.

Por conseguinte, podería entenderse como aproveitamento dos recursos eólicos calquera forma de aproveitamento da enerxía do vento, dos que existen non poucos exemplos: dende a navegación a vela á dispersión de contaminantes atmosféricos. Con todo, é costume agrupar baixo tal designación a conversión da enerxía do vento en enerxía mecánica, e emprégase este termo cada vez con máis frecuencia para referirse á conversión da enerxía do vento en enerxía eléctrica.

Ao actuar sobre as pas do muíño de vento, as masas de aire en movemento ceden ao mecanismo parte da súa enerxía cinética e obrígano a virar ao redor do seu eixo, proporcionando así unha enerxía mecánica de rotación que pode despois aplicarse a distintos fins, como facer virar un muíño, accionar unha bomba, mover unha serra, ou mesmo arrastrar unha dínamo ou un alternador para producir enerxía eléctrica.

Nos muíños de vento construídos en Galicia para moenda de cereais, as aspas están dispostas sobre un eixo horizontal, polo que hai que transferir o xiro mediante unhas engrenaxes (coroa e lanterna) a un eixo vertical, que é o que acciona a capa ou moa xiratoria do muíño. Ademais, normalmente o conxunto das aspas pode virarse á vontade do muiñeiro para orientalas e enfrontalas ao vento da mellor maneira para o aproveitamento enerxético.

Nalgún caso, como ocorre cos existentes en Catoira, os muíños foron construídos co eixo na dirección dos ventos dominantes no seu emprazamento e sen posibilidade de orientación, dotándoos por iso de pas en ámbolos dous extremos para aproveitar os ventos principais e os seus opostos, que son os que alí sopran habitualmente.

Materias Primas:

Centeo, trigo, e millo (maínzo).

Produtos Elaborados:

Fariñas de centeo, de trigo, de millo (maínzo), e de mestura.

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 223-III Vigo // Datum europeo 1950 (ED50) H 29 // X 519.053,63 m / Y 4.672.719,04 m

Data de Actualización:

2009 / 27 xullo 2014