043 Muíño da Cavada

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Meis
  • Parroquia: Nogueira (San Lorenzo)
  • Lugar: Cavada
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: O Salnés.
  • Marco Xeográfico: No cumio do monte, alonxado do núcleo de poboación e algo menos da casa á que pertence.
  • Tipo de propiedade: Privada

Construcción:

Descoñecida. O muíño xa existía cando mercaron as propiedades.

Descrición:

A torre asenta directamente no chan, sen plataforma; é cilíndrica, de fábrica de cachote e perpiaño con rachas, todo en pedra de gran. Ó ten un van e se corresponde có da porta. Nas pedras do cumio non leva quenlla, polo que hai que pensar que esta sería de madeira e sobre ela xirarían as rodas. Parece ser que as aspas eran de tea ou lenzo, aínda que os informantes tamén apuntaron a posibilidade de que fosen de corres entretecidas.

Materias Primas:

Trigo

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009