044 Muíño de Antonio da Bouciña

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Meis
  • Parroquia: Santa María da Armenteira
  • Lugar: A Vacariza
  • Paraxe: A Vacariza
  • Dirección: Non procede.
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.4618205954136
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.752796234722137
  • Coordeadas UTM: Datum ETRS89: Fuso 29 // X 520.321.72 / Y 4.701.081.07 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: O Salnés
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Privada

Historia:

O avó da actual propietaria, Dª Julia Leiro Villanueva, foi o construtor do muíño.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado nun lugar elevado dentro das propiedades que rodean a casa.

Construcción:

Primeira metade do século XX (1920-1925).

Abandono:

Primeira metade do século XX (1930-1935).

Descrición:

Muíño de torre cilíndrica sen plataforma de pequenas dimensións, construído con cachotes e perpiaños con rachas de pedra de gran. Non ten ningún van agás o da porta. No interior ten un piso de pedra elevado sobre o chan, debaixo era onde pousaban o grilo e a ra. A cuberta xiratoria, hoxe desaparecida, tiña forma cónica, estaba feita de cinc e as aspas non se sabe se tamén eran de cinc ou de lenzo. Tiña unha soa pedra para moer.

Materias Primas:

Trigo

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009