045 Muíño de Victoriano da Bacariza

  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Meis
  • Parroquia: Santa María da Armenteira
  • Lugar: A Vacariza
  • Paraxe: A Vacariza
  • Dirección: Non procede.
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.461188709391294
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.753576760688476
  • Coordeadas UTM: Datum ETRS89: Fuso 29 // X 520.262.88 / Y 4.701.020.07 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño de armazón.
  • Comarca: O Salnés
  • Ámbito: Rural

Tipo de propiedade:

Privada

Historia:

Construído en 1956 por Victoriano da Bacariza quen o vendeu a D. Laureano Prado, actual propietario. No ano 1975 foi desmontado e desfeito, estando hoxe en día desaparecido.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado á beira do curral da casa.

Construcción:

Segunda metade do século XX (1956) por Victoriano da Bacariza.

Descrición:

Constaba dunha torre de pedra circular que na parte superior remataba aen forma de cono truncado. Polo centro deste cono pasaba o eixo vertical ata o exterior, onde tiña dous piñons e unhas aspas de cinc; no extremo oposto deste eixo tiña unha veleta.

Materias Primas:

Trigo

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009