053 Muíño de Xan de Vara

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Muros
  • Parroquia: Louro (Santiago)
  • Lugar: Taxes
  • Paraxe: Monte Meán
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.770628321859235
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -9.08133616569512
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre cn cuberta xiratoria.
  • Comarca: Muros

Historia:

Xan de Vara era un ferreiro e carpinteiro, natural de Louro, que despois de casar trasladouse a Taxe. Alí construíu o muíño arredor do ano 1900 cando contaba 21 anos de idade. O seu neto desfixo o muíño cando xa levaba moitos anos sen traballar. Na actualidade só quedan a base dos muros da torre.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no cumio do monte Meán, a aldea máis próxima é a de Taxes.

Construcción:

Principios século XX (1900) por Xan de Vara

Abandono:

Primeira metade do século XX (1940-1945).

Descrición:

A torre era cilíndrica con fábrica de cachotes e perpiaños, debido ao emprazamento rochoso aséntase nalgúns puntos algo de plataforma. Tiña un baixo a modo de almacén onde se gardaban os sacos. A unha distancia de catro escalón atopábase o piso superior onde estaban todos os elementos mecánicos. No cumio estaban as canterías coas canaletas para que xirase a cuberta que tiña catro velas de lenzo.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009 / 16 feb 2018