054 Muíño de Punta Insua

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Carnota
  • Parroquia: San Martiño de Lariño
  • Lugar: Lariño
  • Paraxe: Punta Insua
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.77429440984991
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -9.122959971427917
  • Coordeadas UTM: Datum Europeo 1950 (ED 50): H 29 // X 490.064.96 m / 4.735.973.92 m
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Muros
  • Ámbito: Rural.

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Si.

Xestión de visitas:

Non procede.

Historia:

Pertenceu a un único propietario, o pai da que fora a mestra. Na actualidade está en ruínas, con boa parte da torre caída.

Descrición Xeral do Entorno:

Preto do mar, nun lugar moi aireado.

Construcción:

Finais do século XIX (1890).

Abandono:

Primeira metado do século XX (1925).

Descrición:

Muíño con torre cilíndrica sen plataforma, realizada con perpiaños no exterior e pequenas rachas e cachotes no interior. No cumio ten as canterías coa canaleta para a cuberta xiratoria. Tiña catro velas de lona.

Tempo de uso:

Todo o ano, sempre que houbera vento bastante.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas

Emprego:

Sen datos.

Materias Primas:

Cereais (trigo, centeo e millo).

Produtos Elaborados:

Fariñas de trigo, de centeo, de millo e de mestura.

Distribución e comercialización:

Local.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009 / 19 xaneiro 2013