056 Muíño de Santa Rosa ou de Laxe

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Laxe
  • Parroquia: Laxe (Santa María)
  • Lugar: Laxe
  • Paraxe: Monte Cornaceiras
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.218952
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -9.00725
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 499410.97 // Y 4785216.02
  • Clasificación: Muíño de vento
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
  • Comarca: Bergantiños
  • Marco Xeográfico: Monte Cornaceiras

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no cumio do monte Cornaceiros sobre a vila e o porto de Laxe, aillado do núcleo de poboación e próximo á ermida de Santa Rosa de Lima.

Construcción:

Principios do século XX (1923-1925).

Abandono:

Primeira metade do século XX (1935).

Descrición:

A torre asenta sobre un terreno irregular, polo que ten unha plataforma únicamente pola vertente E que é por onde o nivel baixa máis. A torre presenta fábrica de cachote enlucido, tanto no exterior como no interior, con cantería nas fiestras e portas. Ten dúas portar encontradas NNE e SSW, e dúas fiestras tamén situadas en caras opostas, E e W. O remate superior das paredes presenta unha serie de molduras para pousar a cuberta xiratoria, e está tamén toda a superficie enlucida. A cuberta era de cinc polo exterior e con oito pontóns de madeira no interior. Tiña catro velas triangulares de lenzo como as dos barcos e un sistema de doble moa.

Produtos Elaborados:

Fariñas de millo, trigo e centeo.

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

2009