074 Fábrica do Rego de Cubeiro

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Santiago de Compostela
  • Parroquia: Vista Alegre (San Xoán)
  • Lugar: O Romaño
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.901928264303244
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.544817579376286
  • Coordeadas UTM: H 29 // X 537281.87 // Y 4750254.63
  • Clasificación: Fábrica de curtidos
  • CNAE: 15.11 Preparación, curtido e acabado do coiro; preparación e tinguido de peles
  • Comarca: Santiago
  • Acceso: C - 545

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Non

Historia:

Jaime Rius era o mestre director da fábrica de curtidos de Ponte Pedriña de Arriba, no ano 1792 comezou a adquirir propiedades para construír a súa propia fábrica. Tardou varios anos e preto de 1810 comeza a funcionar a tenería do Rego de Cubeiro. Nestes primeiros anos recibe axuda económica do seu patrón en Ponte Pedriña, o banqueiro Manuel de la Riva, para o subministro de materias primas. Despois, Rius fase fabricante e, sen abandonar o seu traballo en Ponte Pedriña, forma sociedade co seu xenro Antonio Nieto que será quen dirixa a fábrica de Cubeiro. Coa súa morte, a tenería pasa a mans da súa viúva, María Ríos (xa non Rius) que a xestionou durante uns dez anos pero debido as débedas que tiña o seu pai cos de la Riva, a fábrica foi hipotecada e finalmente vendida no ano 1841. O novo propietario chamábase Juan Francisco Soba y Moreno, quen tamén traballara para a casa de la Riva. Estará ao mando da fábrica durante vinte anos, nos que acada un bo rendemento dentro das posibilidades que ofrecía unha tenería pequena. No ano 1865 a fábrica será arrendada a Domingo Eleicegui, fillo de Bernardo Eleicegui, dono da fábrica das Casas do Rego, pola herdeira de Juan Francisco Soba, Dª Jacinta. Ademais, esta última financiará a Eleicegui con 120.000 reais que terá que devolver nos seis anos que durará o arrendamento. No 1870, a tenería volve a estar baixo a xestión de Dª Jacinta que, tres anos despois, decide vendela a Florencio García Lozano quen nos anos sesenta exercera o comercio en Compostela baixo a sociedade “Riva y Lozano”. A fábrica mantense con actividade ata a morte de Florencio, no ano 1883, xa que despois a viúva comeza a liquidación do negocio. En 1896, os seus fillos venden a finca a D. Jesús Fernández Suárez, notario da cidade.

Construcción:

Finais do século XVIII (1792) por Jaime Rius.

Abandono:

Último cuarto do século XIX (1883).

Descrición:

A maior parte das instalacións da fábrica de Cubeiro foron modificadas para converterse en vivenda. Quedan dela ademais da formidable finca valada algúns elementos dos locais do muíño, do secadoiro e do edificio principal (sic).

Tempo de uso:

Todo o ano.

Emprego:

3 operarios en 1841.

Materias Primas:

Peles de vaca e terneira.

Produtos Elaborados:

Sola e becerro. A primeira empregábase para o piso dos zapatos ou botas e a segunda, para a empeña de zapatos e zocos ou cana para botas.

Referencias Bibliográficas:

Carmona Badía, X.; Fernández Vázquez, M. T. A Compostela Industrial: Historia e pegada das fábricas de coiros no concello de Santiago. Santiago de Compostela: Consorcio de Santiago, DL. 2003. 184 p.: il. ISBN 84-930667-2-9

Data de Actualización:

2009