105 Muíño de Loureiro

  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Catoira
  • Parroquia: San Mamede de Abalo
  • Lugar: Cores
  • Paraxe: Monte Mesón
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.64640104443913
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.729211688041687
  • Clasificación: Muíño de vento
  • CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría
  • Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta fixa
  • Comarca: Caldas
  • Marco Xeográfico: Monte Mesón
  • Ámbito: Rural

Visitable:

Historia:

O seu primeiro propietario foi J. Loureiro cuxas iniciais "J L" están labradas nas pedras da porta. Máis tarde foi herdado por Domingo Loureiro.

Descrición Xeral do Entorno:

Situado no cumio do monte Mesón, a uns 6,50 metros do muíño de Miguez, alonxado dos núcleos de poboación nunha zona con ventos dominantes do SO e NE.

Construcción:

Segunda metade do séuculo XIX (c. 1870)

Descrición:

Torre cilíndrica sen ningún tipo de plataforma, feito de cachotes con rachas e soamente cun perpiaño no lintel da porta. Esta é o único van da construción, ten unhas proporcións reducidas e está feita con madeira. O interior, de pequenas dimensións, ten unha única planta. O piso é de pedras irregulares no que se aproveitou mesmo unha vella moa. Ten unha lacena no mesmo muro e un pequeno lar sobre uns canzorros. A cuberta é a dúas augas e de tella do país.

Actividades laborais:

Elaboración de fariñas

Materias Primas:

Cereais

Produtos Elaborados:

Fariñas

Referencias Bibliográficas:

Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3

Data de Actualización:

Xullo 2010