127 Fábrica de A Galiñeira

Galería de Fotos

VerVerVer
  • Provincia: A Coruña
  • Concello: Lousame
  • Parroquia: San Martiño de Lesende
  • Lugar: Castro
  • Paraxe: A Galiñeira
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.789802943914935
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.840024471282959
  • Coordeadas UTM: Huso 29 // X 513,19 / Y 4.737,59
  • Clasificación: Fabricación de papel
  • CNAE: 17.12 Fabricación de papel y cartón (Papel de varias calidades)
  • Tipoloxía: Muíño papeleiro con elaboración manual
  • Comarca: Noia
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: No quilómetro 23 da estrada AC-308 (antiga LC-301) de Padrón a Noia, cóllese na man dereita o desvío ó lugar de Castro, e dende alí un camiño de uns novecentos metros lévanos ata as ruínas da fábrica.

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Ruinas visitables si se da atravesada a maleza que cobre toda a zona

Historia:

A fábrica de papel de A Galiñeira aproveitaba as augas do río de Sóñora, tamén chamado do Castro, de Vilacoba, ou de Os Batáns (polo gran número que deles houbo), localizándose na súa marxe esquerda, a uns trescentos metros ao noroeste do lugar de Castro, na parroquia de San Martiño de Lesende, termo municipal de Lousame na provincia da Coruña.

Indica Gayoso Carreira que os seus derradeiros propietarios tiñan de apelidos Sedano e Málvarez. No ano 1971 xa fotografara soamente ruínas.

Eu estiven por alí tralos incendios do ano 2006 e non puiden chegar a ela por estar a zona invadida pola maleza e a corredoira cortada e interrompida pola caída de árbores que impiden o paso. Na aldea do Castro dixéranme no ano 2009 que pertencía actualmente ó que fora Fiscal Xeral de Galicia, don Ramón Malvar.

Construcción:

Segunda metade do século XIX

Abandono:

Segunda metade do século XIX

Descrición:

O proceso de fabricación de papel iniciábase co escollido e clasificación dos trapos almacenados na fábrica segundo as súas fins, reservándose os mellores para a fabricación de papel de calidade superior, destinándose os peores para a fabricación de papel basto, como a estraza ou a estracilla.

Acumulada a cantidade de trapos suficiente para iniciar o proceso, botábanse nun pío chamado podredoiro, engadindo auga e deixando levedar durante un período de tempo de cinco ou seis semanas, ata que a calor da fermentación no podredoiro “queime ó meter a man”. Finalizada esta operación, os trapos reducíanse manualmente a anacos pequenos, con axuda dunha gadaña ou cortador, levándoos a continuación ó muíño de mazos.

Un apresamento construído nunha revolta do río de Vilacoba permitía derivar as augas a unha canle construída na súa marxe esquerda, que tras un percorrido duns douscentos metros, conducíaas ás instalacións da fábrica de papel, onde vertíanse sobre unha gran roda hidráulica vertical de uns dous metros de diámetro.

Esta roda motriz, do tipo gravitatorio de caixóns ou arcaduces, levaba o seu eixe erizado de levas que accionaban os mazos, erguéndoos para bater nas pías ou tinas en que se colocaran os trapos cortados unha vez finalizada a súa fermentación tras a estancia no podredoiro.

Descoñécese a configuración precisa e detallada das instalacións, aínda que pola época da súa construción é moi posible que contase xa con tres grupos de mazos diferenciados para os labores específicos de esfiañado (tres pías de esgazado), afinado (dúas pías de moenda) e desleído (unha pía de homoxeneización da pasta) tras as que se obtiña a polpa ou pasta para a elaboración do papel.

Unha vez obtida a pasta de papel procedíase ó seu callado vertendo unha pequena cantidade de polpa nun molde rectangular co fondo formado por unha fina malla de arames; a auga escoaba a través do mallazo, pero as fibras nel retidas ó enfurtirse formaban unha folla de papel sobre os arames. Esta operación manual era relativamente rápida, rendendo uns oito pregos por minuto cun só operario.

Retirados os pregos dos moldes poñíanse en pía intercalando entre cada un uns panos de la branca sen costuras, os saiales. Despois procedíase ó seu prensado, en prensa ou entre roletes, para escoar a auga sobrante e finalmente deixábanse secar ó aire.

O papel xa seco, que pola súa gran porosidade resulta moi absorbente (papel secante), sometíase entón ó proceso de encolado co zume obtido ó espremer desperdicios xelatinosos de animais moi cocidos. Tras un novo prensado para eliminar o exceso de cola e un novo secado ó aire, o papel “de barba” (polas barbas que quedaban ó sacalo do molde) traballábase no mazo de satinar para darlle o apresto final e eliminar as irregularidades que puidese presentar o acabado, quedando xa listo para ser empaquetado e posto á venda.

Materias Primas:

Trapos

Produtos Elaborados:

Papel de varias calidades

Distribución e comercialización:

Rexional

Referencias Bibliográficas:

Asunción Pastor, J., 2002, El papel. Técnicas y métodos tradicionales de elaboración, Parramón, Barcelona. DL NA-2161-2001. ISBN 978-84-34224-10-0.

Bailly-Bailliere, 1879. Anuario del Comercio, de la Industria, de la Magistratura y de la Administración o Directorio de las 400.000 señas de España, Ultramar, Estados Hispano-Americanos y Portugal, publicación anual desde 1879, Madrid: Bailly-Bailliere e hijos.

Basanta Campos, J.L., 1966, “Algunas adiciones a la historia de la fabricación de papel en Galicia del siglo XVIII a nuestros días”, Investigación y Técnica del Papel, núm. 7, enero 1966, p. 23-41. D.L. M-13650-1964.

Basanta Campos, J.L., 1999, “La fábrica de papel de Soutorredondo, en Noia, provincia de A Coruña”, Actas del III Congreso Nacional de Historia del Papel en España, Banyeres de Mariola, Alicante, 1 al 4 de septiembre de 1999, Asociación Histórica de Historiadores del Papel, Consell de Cultura, Educació i Ciéncia de la Generalitat Valenciana, p. 357-394. D.L. CU-316-1999. ISBN 84-482-2243-1.

Carmona Badía, J., y Nadal Oller, J., 2005, El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. ISBN 84-95892-38-3.

Gayoso Carreira, G., 1965, “La fabricación del papel en Galicia del siglo XVIII a nuestros días”, Investigación y Técnica del Papel, núm. 4, abril 1965, p. 193-223. D.L. M-13650-1964.

Gayoso Carreira, G., 1994, Historia del papel en España, 3 vol., 2ª ed. 2006, Lugo: Servicio de Publicaciones de la Diputación Provincial, p. 195. D.L. S-1455-2006. ISBN 84-8192-003-7.

González Tascón, I., 1987, Fábricas hidráulicas españolas, 2ª ed. 1992, Centro de Publicaciones del Ministerio de Obras Públicas y Transportes (CEDEX-CEHOPU) y Turner Libros, Madrid. ISBN 84-7790-147-3.

Larruga Boneta, E., 1784-1800, Memorias políticas y económicas sobre los frutos, comercio, fábricas y minas de España, con inclusión de los reales decretos, órdenes, cédulas, aranceles y ordenanzas expedidas para su gobierno y fomento, tres series previstas, primera serie de 45 tomos en cuarto, sólo cuatro publicados (Castilla la Vieja, Castilla la Nueva, Extremadura y Galicia), imprenta de Benito Cano, 1787-1800, Madrid.

Madoz Ibáñez, P., 1846-1850, Diccionario geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, 16 vol., Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti, Madrid, (vol 6-9: Est. Tipografico-Literario Universal; vols 10-11: Imprenta al Diccionario Geográfico, á cargo de José Rojas; vols 12-16: Imprenta del Diccionario geográfico estadístico-histórico de Pascual Madoz). Existe una versión digitalizada y de libre acceso a través de la Biblioteca Virtual de Andalucía: http://www.juntadeandalucia.es/cultura/bibliotecavirtualandalucia [Acceso 17 octubre 2009].

Ministerio de Industria y Comercio, 1934. Estadísticas de la industria del papel y cartón, publicadas de 1934 a 1943, Madrid.

Miñano y Bedoya, S. de, 1826-1828, Diccionario geográfico-estadístico de España y Portugal, 11 vol., Madrid: Imprenta de Pierart-Peralta.

Servicio Sindical de Estadística, 1966. Catálogo de empresas y productos industriales, Madrid.

Verea y Aguiar, J., 1803, Proyecto económico para promover el establecimiento de fábricas de papel en el Reyno de Galicia, Santiago de Compostela.

Viñas y Campi, 1866, El indicador de España y de sus posesiones ultramarinas, Barcelona.

Índice de mapas e planos:

Localización Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Hoja 120-I Lousame / Huso 29 // X 513,19 / Y 4.737,59

Data de Actualización:

30 outubro 2010