163 Fábrica de Astureses
- Provincia: Ourense
- Concello: Boborás
- Parroquia: San Xulián de Astureses
- Lugar: Fondevila
- Paraxe: Portocarreiro
- Dirección: Non procede
- Coord. Xeográficas - Latitude: 42.43733839691746
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.114830255508423
- Coordeadas UTM: Fuso 29 / X 572.827,71 / Y 4.698.737,48
- Clasificación: Fabricación de papel
- CNAE: 17.12 Fabricación de papel e cartón (papel de cera).
- Tipoloxía: Muíño papeleiro de tinas
- Comarca: O Carballiño
- Marco Xeográfico: Aba dos montes da Madanela
- Ámbito: Rural
- Acceso: Unha vez no Carballiño colleremos a estrada nacional N-541 que leva a Pontevedra e apenas a un quilómetro apartaremos á dereita camiño de Longoseiros e Astureses, mais continuando cara a Reádigos. A uns tres quilómetros do Carballiño atoparemos Fondevila, onde viraremos á esquerda cara a Eixán e Ponterriza. A pouco máis de uns douscentos metros de Fondevila e antes de cruzar o río Pedriña, apartaremos a esquerda baixando cara a vía do tren, e atoparemos os restos da fábrica de papel de Porto Carreiro ou Astureses.
Tipo de propiedade:
Visitable:
Xestión de visitas:
Historia:
Alá polo ano 105, Tsai Tsai-Lun
lograba crear en Lei-Lan (Honan, no corazón de China) o primeiro papel
fabricado a partir de fibras vexetais extraídas de trapos, redes de pescar, cáñamo
e bambú. O seu coñecemento foi estendéndose pola ruta da seda, ata que no ano
751 os musulmáns capturaban preto de Samarcanda (Uzbekistán) a algúns artesáns
chineses coñecedores do oficio, que o ensinarían ós seus captores a cambio dun
trato privilexiado. Desta forma, o papel –ata entón monopolio dos chineses–
pasou a Occidente da man dos árabes, que instalaron muíños papeleiros en toda a
Asia Menor e norte de África.
Despois da gran fábrica de papel
que se construía en Bagdad (Iraq) no ano 793, a fabricación chegaba á Meca, a
Damasco e, vía O Cairo, a Fez (Marrocos), onde no ano 1200 contaban con
catrocentas moas de refinamento en funcionamento. A través de Córdoba e Toledo
(España) o papel introduciríase en Europa. A primeira referencia indiscutible
dun muíño papeleiro na Península Ibérica é do ano 1056 nas aforas de Xàtiva
(Valencia), onde Abu-Masafya contaba con vinte operarios que empregaban liño de
Valencia como materia prima, fabricando un papel de gran calidade.
En 1189 introducíase a fabricación
de papel en Francia, e en 1230 en Italia (Xénova, Bologna e Fabriano). O ano
1390 funcionaba en Nuremberg o primeiro muíño papeleiro alemán. Cara a 1494
introducíase en Inglaterra, e a finais do século XVI chegaba a Rusia, Estados
Unidos e Suecia. Foi lenta a súa introdución en Europa, tanto polo seu prezo
(durante moito tempo equiparable ó do pergameo) como polos prexuízos de quen
consideraban o seu uso indebido por estar fabricado por xudeus e árabes.
O proceso tradicional de
fabricación do papel pode describirse diferenciado nas súas cinco etapas
fundamentais:
- preparación da materia prima (fundamentalmente trapos): aventado,
clasificación, esgazado, abatanado e fermentación en auga con cal;
- preparación da pasta nas pilas desfacendo as fibras cos mazos do muíño:
trinchado, afinado e refinado;
- formación das follas de papel na tina, filtrando coidadosamente co molde
ou forma a pasta xa refinada;
- prensado das follas para eliminar a auga residual;
- secado das follas.
Os talleres contaban tamén con
zonas complementarias, como a de encolado (aplicación a unha ou ás dúas caras
da folla dunha fina capa dunha pasta especial –carga– para igualar a
superficie, encher os poros e dar un certo grao de impermeabilidade ó papel,
facéndoo resistente á auga e ós líquidos) e a de satinado (modificación do
acabado do papel xa seco pasándoo mediante golpes de maza, brunido con pedra ou
madeira puída, ou prensado con calor) para a preparación final de papel de
diferentes calidades: fino ou groso, forte ou brando, absorbente ou repelente,
secante, de escritura ou de impresión.
Agás a introdución da pila
holandesa ou cilindro refinador (desfibradora inventada en Holanda cara a 1670)
como único perfeccionamento significativo, este lento e laborioso proceso
tradicional de fabricación manual do papel duraría ata finais do século XVIII.
Corría o ano de 1803 cando se puña en marcha en Frogmore (Inglaterra) a
primeira máquina de táboa plana para a fabricación de papel continuo. Tratábase
dunha evolución do prototipo construído en 1798 polo francés Louis-Nicolas
Robert, perfeccionado fundamentalmente polo mecánico inglés Bryan Donkin
financiado nos seus traballos polos irmáns Fourdrinier.
O papel non saía seco da máquina,
polo que había que cortalo e secalo ó aire, á maneira tradicional. As
innovacións continuaron e en 1819 instalábanse en Weida (Turingia) os primeiros
cilindros secadores por vapor, e en 1826 Canson introducía en Vidalon (Francia)
os cilindros ou prensas aspirantes, mentres que Bergue en 1840 completaba cos
areeiros as innovacións no proceso, co que a máquina continua podía
considerarse plenamente desenvolta.
O acceso a tecnoloxía estranxeira implicaba
a chegada de man de obra cualificada, pois as deficiencias do ensino técnico
español obrigaban á presenza de especialistas foráneos para a formación de
expertos españois.
A variedade de pedidos de produtos
diferenciados –e sempre a escala reducida– determinaban a lentitude da
mecanización e a súa baixa especialización, polo que en España se buscaba a
versatilidade da pequena fábrica, para poder pasar dun produto a outro con
axilidade.
Outra dificultade radicaba na
dotación de recursos, tanto materias primas como enerxía. Os contemporáneos
queixábanse dos altos prezos dos trapos (35 ó 50% do custo do papel) e produtos
químicos, e das dificultades de circulación dun produto de baixo valor e
elevado volume (os trapos) pola ineficiente rede de comunicacións españolas. Os
trapos importábanse de Italia e o cloruro de cal de Francia, necesitándose
ademais cloro, acedos, sosa cáustica, resinas e colorantes, de orixes diversas
aínda que tamén maioritariamente importados.
Como referencia da situación,
preséntase a continuación unha comparación do ano 1866 entre os custos de
fabricación de 700 toneladas de papel continuo en España e no estranxeiro,
valorados en reais de vélaro.
|
España |
Estranxeiro |
Trapo e alpargatas |
1.363.600 |
974.000 |
Produtos químicos |
397.124 |
216.962 |
Carbón |
269.500 |
30.800 |
Man de obra |
154.000 |
134.000 |
Outros |
621.927 |
356.290 |
Total |
2.806.151 |
1.712.052 |
Ante esta insostible situación
buscáronse sucedáneos dos trapos, como o esparto, iniciativa que fracasou polos
altos custos de transformación en España (necesitábase para iso carbón, cloruro
de cal e sosa), mentres que os atochales españois alimentaban as fábricas
británicas, con custos de transformación sensiblemente menores pola
significativa economía do carbón e dos produtos químicos.
A elaboración de pasta de madeira,
iniciada en España cara a 1880, supuxo o principio da fin das vellas papeleiras
que empregaban trapos como materia prima, que non puideron resistir o pulo da
nova competencia.
Descrición Xeral do Entorno:
A fábrica situárase na ribeira do río Pedriña, do que
fornécese da auga requirida para o seu funcionamento.
Construcción:
Abandono:
Descrición:
O promotor
da fábrica fora don José Antonio Taboada, fidalgo dunha familia de longa
tradición na parroquia de Astureses, medrada ó abeiro da poderosa encomenda
sanxoanista de Pazos de Arenteiro.
Constrúe
o enxeño fabril preto da súa casa familiar de Fondo de Vila, ó pe dun pequeno
río de caudais moi variábeis ó longo do ano
A
captación das augas e a condución por unha canle cunha lonxitude total de setenta
e dous metros permite obter un salto de uns tres metros para facer roular as tres
rodas que dan movemento ós mazos.
Aínda
poden observarse os restos das instalacións e dependencias construídas para a
manipulación do trapo e o secado do papel.
Coñécese
unha referencia na que se di que estaba especializada na elaboración de papel
de cera.
Tempo de uso:
Todo o ano, dependendo dos caudais do río. Tiña que parar
dende o 11 de xullo ó 8 de setembro de cada ano “que se distraen las aguas del
río para la riega y otros usos”.
Sistema de produción:
O proceso de fabricación de papel
iniciábase co escollido e clasificación dos trapos almacenados na fábrica
segundo as súas fins, reservándose os mellores para a fabricación de papel de
calidade superior, destinándose os peores para a fabricación de papel basto,
como a estraza ou a estracilla.
Acumulada a cantidade de trapos
suficiente para iniciar o proceso, botábanse nun pío chamado podredoiro,
engadindo auga e deixando levedar durante un período de tempo de cinco ou seis
semanas, ata que a calor da fermentación no podredoiro “queime ó meter a man”.
Finalizada esta operación, os trapos reducíanse manualmente a anacos pequenos,
con axuda dunha gadaña ou cortador, levándoos a continuación ó muíño de mazos.
Un apresamento construído nunha revolta
do río permitía derivar as augas a unha canle construída na súa marxe esquerda,
que tras un percorrido de uns setenta e dous metros, conducíaas ás instalacións
da fábrica de papel, onde vertíanse sobre tres grandes rodas hidráulicas
verticais de máis de dous metros de diámetro.
Estas rodas motrices, do tipo
gravitatorio de caixóns ou arcaduces, levaban os seus eixes erizados de levas
que accionaban os mazos, erguéndoos para bater nas pías ou tinas en que se
colocaran os trapos cortados unha vez finalizada a súa fermentación tras a
estancia no podredoiro.
Descoñécese a configuración precisa e
detallada das instalacións, aínda que pola época da súa construción é moi
posible que contase xa con tres grupos de mazos diferenciados para os labores
específicos de esfiañado (tres pías de esgazado), afinado (dúas pías de moenda)
e desleído (unha pía de homoxeneización da pasta) tras as que se obtiña a polpa
ou pasta para a elaboración do papel.
Unha vez obtida a pasta de papel
procedíase ó seu callado vertendo unha pequena cantidade de polpa nun molde
rectangular co fondo formado por unha fina malla de arames; a auga escoaba a
través do mallazo, pero as fibras nel retidas ó enfurtirse formaban unha folla
de papel sobre os arames. Esta operación manual era relativamente rápida,
rendendo uns oito pregos por minuto cun só operario.
Retirados os pregos dos moldes púñanse
en pía intercalando entre cada un uns panos de la branca sen costuras, os
saiales. Despois procedíase ó seu prensado, en prensa ou entre roletes, para
escoar a auga sobrante e finalmente deixábanse secar ó aire.
O papel xa seco, que pola súa gran
porosidade resulta moi absorbente (papel secante), sometíase entón ó proceso de
encolado co zume obtido ó espremer desperdicios xelatinosos de animais moi
cocidos. Tras un novo prensado para eliminar o exceso de cola e un novo secado
ó aire, o papel “de barba” (polas barbas que quedaban ó sacalo do molde)
traballábase no mazo de satinar para darlle o apresto final e eliminar as
irregularidades que puidese presentar o acabado, quedando xa listo para ser
empaquetado e posto á venda.
A chegada da electricidade supuxo a
modernización das instalacións, substituíndo as rodas motrices por unha turbina
hidráulica que arrastraba un xerador eléctrico, sendo entón a electricidade a
que movía a maquinaria fabril.
No propio proceso de elaboración da
pasta, a refinadora holandesa substituía ás vellas pías de esfiañado, afinado e
desleído. Nalgúns casos, a máquina semicontinua, tamén chamada redonda, de
bombo o picardo, substituía o traballo do alabrén (o operario que fai a folla
de papel na tina coa axuda do molde) e do poñedor (o que toma a forma do alabrén
e pon a folla sobre o sayal para levala á prensa) e con ela se elaboraba o
equivalente a catro ou cinco tinas.
Actividades laborais:
Man de obra principalmente feminina na limpeza e
preparación do peixe. Persoal masculino na atención da maquinaria e nas
oficinas.
Emprego:
Materias Primas:
Produtos Elaborados:
Distribución e comercialización:
Referencias Bibliográficas:
Asunción
Pastor, J., 2002, El papel. Técnicas y métodos tradicionales de elaboración,
Parramón, Barcelona. DL NA-2161-2001. ISBN 978-84-34224-10-0.
Bailly-Bailliere,
1879. Anuario del Comercio, de
Bailly-Bailliere e hijos, 1895 a 1937. Almanaque Bailly-Bailliere. Pequeña
enciclopedia popular de la vida práctica. Madrid: Bailly-Bailliere e
hijos.
Basanta
Campos, J.L., 1966, “Algunas adiciones a la historia de la fabricación de papel
en Galicia del siglo XVIII a nuestros días”, Investigación y Técnica del Papel, núm. 7, enero 1966, p. 23-41.
D.L. M-13650-1964.
Carmona
Badía, J., y Nadal Oller, J., 2005, El
empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000, Fundación
Pedro Barrié de la Maza, Coruña. ISBN 84-95892-38-3.
Fumega Piñeiro, Francisco Xosé; Sobrado Pérez, Xosé Luis (2010): As fábricas de papel na comarca do Carballiño. O Carballiño: Centro de Estudios Chamoso Lamas. DL OU-177-2010. ISBN 978-84-614-4756-5.
Gayoso
Carreira, G., 1965, “La fabricación del papel en Galicia del siglo XVIII a
nuestros días”, Investigación y Técnica del
Papel, núm. 4, abril 1965, p. 193-223. D.L. M-13650-1964.
Gayoso
Carreira, G., 1994, Historia del papel en
España, 3 vol., 2ª ed. 2006, Servicio de Publicaciones de la Diputación
Provincial, Lugo. DL S-1455-2006. ISBN 84-8192-003-7.
Gutiérrez
i Poch, M., 1999. «L’Espagne est encore dans l’enfance. Máquinas francesas y
fracaso español. La mecanización de la industria papelera española
(1836-1880)», Doctor Jordi Nadal. La industrialització i el desenvolupament
econòmic d’Espanya. 2 vols.
Carreras, Pascual, Reher y Sudriá (eds.). Barcelona: Universitat de Barcelona, p. 1.258 y sigs. DL B-19.849-99. ISBN 84-475-2146-X.
Madoz
Ibáñez, P., 1846-1850, Diccionario
geográfico-estadístico-histórico de España y sus posesiones de Ultramar, 16
vol., Establecimiento tipográfico de P. Madoz y L. Sagasti, Madrid, (vol 6-9:
Est. Tipografico-Literario Universal; vols 10-11: Imprenta al Diccionario
Geográfico, á cargo de José Rojas; vols 12-16: Imprenta del Diccionario
geográfico estadístico-histórico de Pascual Madoz). Existe una versión
digitalizada y de libre acceso a través de la Biblioteca Virtual de Andalucía:
http://www.juntadeandalucia.es/cultura/bibliotecavirtualandalucia [Acceso 17 octubre 2009].
Martínez
Risco, V, 1928. “Provincia de Orense”, Geografía
General del Reino de Galicia. Francisco Carreras Candi (dir.), trece
volúmenes, Barcelona: Editorial Alberto Martín, reedición facsimilar en 1980,
Ediciones Gallegas,
Ministerio
de Industria y Comercio, 1934. Estadísticas
de la industria del papel y cartón, publicadas de
Miñano
y Bedoya, S. de, 1826-1828, Diccionario
geográfico-estadístico de España y Portugal, 11 vol., Madrid: Imprenta de
Pierart-Peralta.
Servicio
Sindical de Estadística, 1966. Catálogo
de empresas y productos industriales, Madrid.
Verea y
Aguiar, J., 1803, Proyecto económico para
promover el establecimiento de fábricas de papel en el Reyno de Galicia,
Santiago de Compostela.
Viñas y
Campi, 1866, El indicador de España y de
sus posesiones ultramarinas, Barcelona.
Índice de mapas e planos:
Localización no Mapa Topográfico Nacional
1:25.000:
Folla 187-I O Carballiño // Fuso 29 // X 572.827,71 / Y 4.698.737,48