196 Muíño das Barreiras
- Provincia: A Coruña
- Concello: Ferrol
- Parroquia: San Román de Doniños
- Lugar: A Barca de Abaixo
- Paraxe: As Barreiras
- Dirección: Non procede
- Coord. Xeográficas - Latitude: 43.49160361874579
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.252057433128357
- Coordeadas UTM: Datum europeo 1950: Fuso 29 // X 560.597,56 m / Y 4.815.892,93 m
- Clasificación: Muíño de vento
- CNAE: 10.61 Fabricación de produtos de muiñaría.
- Tipoloxía: Muíño de torre fixa e cuberta xiratoria
- Comarca: Ferrol
- Marco Xeográfico: Enseada da Malata
- Ámbito: Rural
- Acceso: Dende Ferrol colleremos a estrada que pola Feira de Mostras leva ata A Cabana e A Graña. Despois de deixar na man dereita o cruce de Valón e Doniños, apartaremos á esquerda cara ó Centro de Innovación e Servizos (CIS-Ferrol). No couto que atoparemos pouco antes de chegar á entrada das instalacións, mesmo onde atópase hoxe unha estación meteorolóxica, a uns 35 m por riba do nivel do mar, localizábase o muíño das Barreiras.
Tipo de propiedade:
Visitable:
Xestión de visitas:
Historia:
O aproveitamento da enerxía contida no
vento mediante a súa conversión en enerxía mecánica foi levado a cabo pola
humanidade desde a máis remota antigüidade. Se se exceptúa a enerxía de orixe
animal, cabe dicir que, xunto coa enerxía obtida dos cursos de auga, a enerxía
do vento foi o recurso enerxético natural máis antigo na historia das
civilizacións.
Ademais da navegación a vela (aparece
xa nun gravado exipcio do Alto Imperio, uns 4.500 anos a.C.) cara ao ano 1700
a.C., Hammurabi, rei de Babilonia, chegou a proxectar o regadío da rica meseta
de Mesopotamia con auxilio da enerxía eólica. Estes primitivos muíños de vento
debían de ser de eixo vertical, sen dúbida análogos a aqueles cuxas ruínas
aínda subsisten na meseta iraniana. En calquera caso, Persia, Iraq, Exipto e
China considéranse o berce do aproveitamento da enerxía do vento.
Un estudo sobre pneumática de Herón de
Alexandría no século III a.C., describe por primeira vez unha máquina eólica de
eixo horizontal de catro pas en forma de cruz que accionaba unha bomba de aire
para alimentar as frautas dun primitivo órgano.
En calquera caso, até o século IX non é
posible atopar un documento histórico irrefutable no que se faga mención ao uso
dos muíños de vento como práctica xeneralizada. Este documento é o Libro de
Enxeños Mecánicos, dos irmáns Banu Musa, datado no ano 850.
A difusión do muíño de vento como
máquina capaz de producir enerxía mecánica segue dúas canles ben diferentes: o
primeiro, coa civilización islámica, ocupa todo o Mediterráneo e chega até a
metade sur da Península Ibérica; o segundo parte do triángulo formado por
Bretaña, Inglaterra e os Países Baixos.
Os muíños de vento aparecen na Idade
Media (séculos XII e XIII) en Italia, Francia, España e Portugal. Algo máis
tarde localízanse en Alemaña, Países Baixos e Inglaterra. Atópanse documentados
muíños de vento en Lisboa (1182), Alcobaça (1262), e Évora (1303), e desde o
ano 1350 utilizábanse muíños de vento con catro aletas dispostas en cruz para a
desecación dos polders holandeses. Tamén
utilizábanse xa nestas datas para extraer o aceite de noces e grans, serrar
madeira, transformar trapos vellos en papel, preparar colorantes en po e
elaborar pólvoras.
Pode entón dicirse que, aínda que o
aproveitamento da enerxía eólica data das épocas máis remotas da humanidade, é
a partir dos séculos XII e XIII cando empeza a xeneralizarse o uso dos muíños
de vento para a elevación de auga e a moenda de gran, baseados en deseños moi
rudimentarios que, con diversas melloras, especialmente nos sistemas de
regulación e orientación, manteranse até ben entrado o século XIX.
Nunha publicación europea de 1724
detállase o proxecto dun aeromotor que arrastra unha bomba de pistón por medio
dun cegoñal. Pero este enxeño houbo de esperar até 1870, cando aparece no
continente americano e do que retorna a Europa e implantase e difunde desde
1876 co nome de “muíño americano”, un dos máis importantes avances na
tecnoloxía do aproveitamento do vento, utilizado para bombeo de auga
practicamente en todo o mundo e cuxas características haberían de sentar as
bases para o deseño dos modernos xeradores eólicos.
Coa introdución da máquina de vapor
cara a 1774, a crecente demanda de enerxía oriéntase ós procesos termodinámicos
baseados no consumo de combustibles fósiles, caracterizados polo incremento no
factor de escala, a garantía de utilización e a liberdade de localización
territorial, fronte á servidume asociada á utilización da auga e do vento,
necesariamente vinculada a unha localización favorable, fose as beiras dos ríos
ou as zonas ventosas.
O desenvolvemento dos muíños de vento
interrómpese coa revolución industrial e a utilización masiva do vapor, a
electricidade e os combustibles fósiles como fontes de enerxía motriz. Os
muíños eléctricos pronto viñeron substituír ós muíños fariñeiros accionados
pola forza do vento, do mesmo xeito que a aqueles outros que eran accionados
pola auga dos ríos ou do mar.
Na década de 1970, coincidindo coa
primeira crise do petróleo, iníciase unha nova etapa no aproveitamento da
enerxía do vento. A aplicación das modernas tecnoloxías (en especial, as
desenvolvidas para a aviación) deu como resultado a aparición dunha nova
xeración de máquinas eólicas, moi perfeccionadas e cuns rendementos que
permiten a súa explotación con criterios de rendibilidade económica en zonas de
potencial eólico significativo.
Descrición Xeral do Entorno:
Construcción:
Abandono:
Descrición:
O muíño
de vento das Barreiras non aparece recollido na case exhaustiva obra de Begoña
Bas (1990). Unha afortunada coincidencia fíxonos decatar da súa existencia ó
aparecer no horizonte dunha vella fotografía da celebración do final da
construción dunha embarcación no estaleiro da Cabana. Trala gozosa celebración
dos homes subidos na enxarcia pódese ver perfectamente tras deles a silueta do
muíño no couto da punta da Barca.
Polo de
agora non dispomos de máis datos del. Vaia esta ficha coma aguillada para os
investigadores do noso patrimonio cultural, etnográfico e industrial.
Tempo de uso:
Sistema de produción:
A distribución non uniforme da enerxía
absorbida pola atmosfera e a consecuente formación de gradientes térmicos, é a
causa primaria do movemento das masas de aire e por tanto, orixe da enerxía
eólica, ou enerxía do vento.
A radiación solar, absorbida
irregularmente pola atmosfera, dá lugar a masas de aire con diferentes
temperaturas e por tanto, diferentes densidades e presións. Estas masas de
aire, ó desprazarse desde as altas cara ás baixas presións, dan lugar ó
fenómeno meteorolóxico coñecido como vento.
Coa designación xenérica de enerxía
eólica alúdese á enerxía do vento, asociada ás masas de aire que se desprazan
sobre a superficie terrestre como resultado da combinación de certos fenómenos
termodinámicos que ocorren na atmosfera cos efectos inerciais que se derivan do
movemento do planeta.
Por conseguinte, podería entenderse
como aproveitamento dos recursos eólicos calquera forma de aproveitamento da
enerxía do vento, dos que existen non poucos exemplos: dende a navegación a
vela á dispersión de contaminantes atmosféricos. Con todo, é costume agrupar
baixo tal designación a conversión da enerxía do vento en enerxía mecánica, e
emprégase este termo cada vez con máis frecuencia para referirse á conversión
da enerxía do vento en enerxía eléctrica.
Ó actuar sobre as pas do muíño de
vento, as masas de aire en movemento ceden ó mecanismo parte da súa enerxía
cinética e obrígano a virar ó redor do seu eixo, proporcionando así unha
enerxía mecánica de rotación que pode despois aplicarse a distintos fins, como
facer virar un muíño, accionar unha bomba, mover unha serra, ou mesmo arrastrar
unha dínamo ou un alternador para producir enerxía eléctrica.
Nos muíños de vento construídos en
Galicia para moenda de cereais, as aspas están dispostas sobre un eixo
horizontal, polo que hai que transferir o xiro mediante unhas engrenaxes a un
eixo vertical, que é o que acciona a moa xiratoria. Ademais, o conxunto das
aspas pode virarse a vontade do muiñeiro para orientalas enfrontadas ó vento da
mellor maneira para o aproveitamento enerxético.
Actividades laborais:
Emprego:
Materias Primas:
Produtos Elaborados:
Distribución e comercialización:
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B., 1991, Muiños
de marés e de vento en Galicia, Catalogación Arqueolóxica e Artística de
Galicia do Museo de Pontevedra, A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. DL
PO-216-1991. ISBN 84-87819-13-3.
Bas López, B., 1997, “Recursos y técnicas en los molinos de Galicia. Una
síntesis de las tipologías”, Primeras
Jornadas Nacionales sobre Molinología, Organizadas por
Cádiz
Deleito, J.C., 1992, Molinos de viento. Historia de las máquinas eólicas, ilustraciones de Juan Ramos Cabrero, Empresa
Nacional de Electricidad S.A. (ENDESA), Tabapress, Madrid. ISBN 84-7952-096-5.
Caro Baroja, J., 1952, "Disertación sobre los
molinos de viento”, Revista de Dialectología y Tradiciones Populares,
VIII, Madrid, pp. 212-366.
Caro Baroja, J., 1995, Historia de los molinos de viento, ruedas hidráulicas y norias,
Instituto para
Lara Coira, M., 1990, Las energías renovables y Galicia, Gestión Energética de Galicia,
Santiago de Compostela. ISBN
84-404-8124-1. Existe una edición de 1991 en gallego, titulada As enerxías renovables e Galicia, Gestión Energética de Galicia, Santiago de
Compostela. ISBN
84-604-0101-4.
Llano Cabado, P. de, 1983, Arquitectura popular en Galicia: a casa mariñeira, a casa das agras, a
casa do viño, as construccións adxetivas, Introdución xeográfica de Augusto
Pérez Alberti, Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, Santiago de
Compostela. ISBN 84-85665-08-2.
Lorenzo Fernández, X., 1962, “Etnografía: cultura material. Os oficios: O pan”, Historia de Galiza, Ramón Otero Pedrayo
(dir.), Buenos Aires: Editorial Nós, vol. II, O home-II, p. 671-681.
Monteiro Graña, X., 2007, “Muiño de vento de Xesús da
Ludeira, Covas”, Columba Revista Cultural,
número 7, Asociación Cultural Columba, Cobas, Ferrol, pp. 24-31. D.L. C-2.408-2005.
Reyes
Mesa, J.M., 2001, Evolución y tipos de
molinos harineros: del molino a la fábrica, J.M. Reyes y Fundación Juanelo
Turriano, Granada y Madrid. ISBN 84-89685-46-0.