292 La Iberia Gallega

Galería de Fotos

VerVer
  • Provincia: Pontevedra
  • Concello: Vigo (anteriormente, até 1941, Lavadores)
  • Parroquia: San Salvador de Teis
  • Lugar: Guixar
  • Paraxe: Areal de Guixar
  • Dirección: Rúa Xulián Estévez, 48 - Vigo
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.24662795094279
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.705753087997437
  • Coordeadas UTM: Datum europeo 1950 (ED 50): H 29 // X 524.401,58 m / Y 4.677.416,13 m
  • Clasificación: Fabricación de xabrón
  • CNAE: 20.41 Fabricación de xabóns, deterxentes e outros artigos de limpeza e abrillantamento.
  • Tipoloxía: Industrial por saponificación de aceites residuais
  • Comarca: Vigo
  • Marco Xeográfico: Casco urbano da cidade de Vigo
  • Ámbito: Urbano
  • Acceso: No centro urbano de Vigo buscaremos a rúa García Barbón e seguirémola até o final, cara a Guixar. Na rotonda deixaremos a rúa Sanjurjo Badía pola dereita e enfiaremos a rúa Xulián Estévez, que acollera salgadeiras e conserveiras das que aínda pódese contemplar algunha pegada. No actual número 48 atoparemos o que queda desta antiga fábrica de xabrón

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Exteriormente

Xestión de visitas:

Non procede

Historia:

A fabricación do xabrón foi xa praticada polos exipcios, mesturando potasa ou sosa con aceite. O proceso coñeceuse en Israel e Grecia. Os gregos empregaban unha sal natural rica en carbonato sódico que chamaban natrón. Os romanos mesturaban graxas animais coa potasa contida na cinza de vexetais.

A cultura árabe, transmisora a occidente dos coñecementos de gregos e romanos, traería á Península Ibérica a técnica de fabricación do xabrón.

O xabrón medieval, un produto costoso e limitado aos máis ricos, fabricábase nas almonas ou xabonerías de maneira artesanal e en pequenas cantidades. O proceso básico consistía en ferver graxas (animais ou vexetais) cun álkali forte (sosa ou potasa), deixándo despois arrefriar a pasta obtida.

Na Idade Media, a fabricación de xabrón foi moitas veces monopolizada, controlándose o peso das pezas e marcándoas cun selo.

A caida do comercio da sosa de Oriente (imprescindíbel para a fabricación de vidro e de xabrón) favoreceu dende o século XVI a extensión do cultivo das chamadas “plantas barrilleras”, espontáneas nas saíñas e mariñas e que deixan cando se queiman un produto rico en sales, a sosa (carbonato sódico), tamén coñecida como barrilla ou kali.

As plantas arrancadas de raíz deixábanse secar antes de proceder nun burato feito no chan á súa cuidadosa queima, de maneira que as sales se derritieran sen mesturarse co vexetal carbonizado, formándose ao arrefriarse no fondo unha pedra uniforme e limpa de impurezas. Para a súa comercialización, a pedra escachábase en grandes pezas de uns douscentos quilos cada unha.

Trala Guerra de Independencia (1808-1814) comezóu a decadencia da produción de barrilla, ao aparecer nos mercados españois a sosa artificial, que empezaba a producirse nalgúns países europeos.

Ademáis das modestas producións locais, dende as primeiras vagas de comerciantes cataláns a partires de 1750, nas costas galegas estará presente entre os diversos produtos levantinos (viño, augardente, licores, aceites…) o “xabrón de Marsella”, que chegaba coas outras mercadorías de intercambio coa sardiña das rías.

Descrición Xeral do Entorno:

A fábrica situárase na ribeira do areal de Guixar, na marxe esquerda da ría de Vigo, na rebouza ou ribazo da aba sur do monte da Guía.

Construcción:

1887.

Abandono:

Destruida en 1931 por un incendio.

Descrición:

A fábrica de xabrón sería construida na que chegou a ser unha importante concentración de salgadeiras e conserveiras, a beira do Areal de Guixar, e próxima ás instalación de refino de petróleo de Babé e compañía.

Como única referencia construtiva temos o anuncio no Catálogo de Vigo 1927 e os restos que son hoxe aproveitados pola industria de lecer.

Esta construción levántase en dous andares (baixo e primeiro) cunha sinxela composición en mampostos de cantería de pedra de gra en esquinais e dinteis, mesturados con cachotería nos vans.

Tempo de uso:

Todo o ano.

Sistema de produción:

O xabrón é unha pasta que resulta da combinación dun álcali cos ácidos dos corpos graxos. A pasta é solubel na auga, empregándose para lavar. Na fabricación empréganse lixivia de sosa e graxa de porco, sebo de vacún, ou aceites animais ou vexetais.

A preparación pode facerse en frío emulsionando as graxas con lixivias concentradas de sosa ou potasa, aínda que a saponificación non é completa e prexudica á conservación do produto.

O método clásico, ou marsellés, ten catro etapas: empaste (saponificación); saladura (salinización); cochura (cocción); e liquidación.

O proceso comeza coa mestura das graxas coa sosa até a súa emulsión (empaste), engadíndolle unha disolución salina (saladura) e quentando a pasta resultante (cochura) para a separación das lixivias e a glicerina da pasta de xabrón líquido (liquidación). Esta pasta vértese nuns recipientes rectangulares de madeira (ou mampostos) e déixase arrefriar até obter unhas barras sólidas consistentes. Xa só resta por cortar as barras aos tamaños convenidos para a súa comercialización.

O desenvolvemento da industria foi introducindo modernizacións que supoñían tanto melloras produtivas como hixiénicas: depósitos de alimentación calefactados, laminadoras arrefriadas, cilindros amasadores, prensas de extrusión, etc. O proceso de fabricación continua dátase en 1934.

Actividades laborais:

Man de obra principalmente feminina na limpeza e preparación do produto. Persoal masculino na atención da maquinaria e supervisión dos procesos.

Emprego:

Sen datos.

Materias Primas:

Aceites residuais, vexetais das conserveiras e minerais da refinería de petróleos “La Viguesa”.

Produtos Elaborados:

Xabróns.

Distribución e comercialización:

Nacional.

Referencias Bibliográficas:

Berea Cruz, E.; García Movilla, C., 1993. Inventario del Patrimonio Arquitectónico Industrial en Vigo y su comarca. Madrid: Secretaría de Publicaciones del Ministerio de Obras Públicas y Urbanismo.

Cao Moure, J. 1928. Vigo en 1927. Vigo: Editorial P.P.K.O. Reimpresión facsimilar del 2005. Vigo: Instituto de Estudios Vigueses. DL VG-64-2005. ISBN 84-89599-30-0.

Carmona Badía, X., 2003. “Da sardiña ao automóbil: unhas notas sobre a industria viguesa do século XX”, Vigo. Economía e sociedade, Vázquez Vicente, X.H. (ed.), Vigo: Xerais. ISBN 978-84-9782-047-9.

Carmona Badía, J.; Nadal Oller, J., 2005. El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. DL C-2342-2005. ISBN 84-95892-38-3.

Consultora Galega, S.L., 1993-2008. Plan Xeral de Ordenación Municipal de Vigo. Catálogo de Bens Culturais, Vigo.

Entremos na Panificadora. “Patrimonio Industrial da Ría de Vigo. Fichas” Inventario Histórico do Patrimonio Industrial da Ría de Vigo (IHPIRV) [en línea]. Disponible na Internet: http://www.entremosnapanificadora.com [Acceso 14 de agosto do 2013].

Giráldez Rivero, X., 1987. O antigo concello de Lavadores. Unha aproximación histórica, 2ª ed. 2007, Asociacion Veciñal Cultural e Deportiva de Lavadores, Pontevedra: Servizo de Publicacións da Deputación de Pontevedra. DL PO-81-2007. ISBN 978-84-8457-281-1.

Mora-Figueroa, Dagmar de, 1998, “Las plantas barrilleras y sus usos industriales”, Los ingenios y las máquinas. Ingeniería y obras públicas en la época de Felipe II, Ignacio González Tascón (coord.), Madrid: Sociedad Estatal para la Conmemoración de los Centenarios de Felipe II y Carlos V, p. 310-317. DL M-23499-1999. ISBN 84-95146-14-2.

Sobrino Fagilde, I., 2008. Arquitectura industrial en la provincia de Pontevedra. Vigo y zona de influencia (eje norte-sur), Vigo: Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia [en línea]. Disponible na Internet: http://noncommon.files.wordpress.com/2012/04/00-a-indyarq_1-393_low.pdf [Último acceso 27 de junio del 2013].

Xunta de Galicia, 2007-2011. Plan de Ordenación do Litoral [en línea]. Disponible na Internet: http://www.xunta.es/litoral [Acceso 28 marzo 2013].

Índice de mapas e planos:

Localización Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 223-III Vigo // Fuso 29 / X 524.401,58 m / Y 4.677.416,13 m

Data de Actualización:

17 setembro 2013