471 Magnesitas de Rubián

Galería de Fotos

VerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVer
  • Provincia: Lugo
  • Concello: O Incio
  • Parroquia: San Miguel de Vila de Mouros
  • Lugar: O Túnel
  • Paraxe: Fábrica de Rubián
  • Dirección: Non procede
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 42.69891865815456
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.455496298095682
  • Coordeadas UTM: Datum europeo 1950 (ED 50): H 29 // X 626.679,52 m / Y 4.728.832,58 m
  • Clasificación: Industria mineira
  • Tipoloxía: Extracción, tratamento e comercialización de magnesitas
  • Comarca: Sarria
  • Marco Xeográfico: Faldras orientais da Serra de Rubián
  • Ámbito: Rural
  • Acceso: Dende Lugo colleremos a estrada C-546 cara a Sarria, onde continuaremos un tramo da mesma C-546 de uns nove quilómetros cara a O Oural e Bóveda. Pasado O Oural, no km 35, atoparemos na man esquerda as instalacións de tratamento do mineral.

Tipo de propiedade:

Privada

Visitable:

Exteriormente

Xestión de visitas:

Non procede

Historia:

O magnesio é un elemento químico que se atopa na natureza formando parte de numerosos compostos, principalmente óxidos e sales. Recibiu o nome, igual que a magnetita e o manganeso pola súa vinculación coa rexión grega de Magnesia.

As principais aplicacións son na alimentación animal, os fertilizantes, a corrección da acidez dos solos agrícolas, a obtención de magnesio metal e o remedio de solos contaminados por metais pesados e hidrocarburos.

Ten tamén aplicación no tratamento de augas residuais, na fabricación de vidro, como retardador de chama, na desulfuración de gases, no refino de azucre, como adsorbente de metais pesados e nas industrias do caucho, o petróleo, o papel e a pasta.

Como resultado das investigacións realizadas en diferentes localidades (Pacios, Cervela, Bardaos, Castelo, Rubián da Cima, Santalla) do termo municipal de O Incio, en 1961 vai constituírse a empresa “Magnesitas de Rubián, S.A.” (MGR), co obxecto de explotar industrialmente o excepcional xacemento de magnesita (cunha lei do 43% en óxido de magnesio) achado na zona.

A explotación, que comezaría en 1963, realizábase inicialmente na paraxe da Ferradura a ceo aberto, arrancando o mineral con explosivos, cargándoo despois con palas cargadoras en camións que o trasladaban ata a planta de tratamento, situada a uns dous quilómetros. Daquela a calcinación facíase en fornos verticais.

Dende o ano 1986 a explotación comezaría a facerse por minería de interior na chamada "Mina La Impensada", aproveitando unha capa de 15 m de potencia con galerías que comunican as grandes cámaras de extracción (de 12 a 14 m de altura) sostidas polos piares que vanse deixando a tal fin. O gran tamaño das galerías e a pouca pendente da traza (uns 16º) permite a utilización de maquinaria de rodas en toda a explotación, que ten un total de quince quilómetros e descende ata os douscentos setenta metros de profundidade. O primitivo sistema de calcinación foi abandonado, empregándose un forno rotatorio lixeiramente inclinado para favorecer o avance do material por gravidade.

Os estériles (lousas) envíanse aos vertedoiros de entullo (cascalleiras) que posúe a empresa na zona.

No ano 2011 a empresa instalou unha planta regasificadora de gas natural licuado para substituír os queimadores de fuelóleo do forno e adaptarse as novas exixencias ambientais.

Descrición Xeral do Entorno:

As instalacións fabrís edificáronse a uns dous quilómetros da primitiva explotación mineira, próximas á estrada e á vía do ferrocarril.

Construcción:

Contra 1963.

Abandono:

Continúa en explotación.

Descrición:

A extracción do material fixérase inicialmente en mina de exterior; actualmente faise en mina de interior, accesible por galería a vehículos de rodas. A galería da acceso a grandes cámaras de extracción separadas por piares de sostemento.

O material extraído lévase á planta de tratamento, a uns dous quilómetros da mina. A planta acolle o forno de calcinación, os sistemas de transporte do material e do mineral xa tratado, as moegas de alimentación e almacén, os almacéns e talleres, e os sistemas de depuración (filtros) das emisiones.

As instalacións produtivas da planta de tratamento complétanse coas oficinas da empresa, os laboratorios de análises químicos, os garaxes para os vehículos, e os talleres de mecánica e soldadura.

Nota: as coordenadas da mina en Pacios, a uns dous quilómetros e medio da factoría, son
Coordenadas xeográficas: Datum europeo 1950 (ED 50): 42º 41’ 34,27’’ N – 7º 26’ 31,12’’ W
Coordenadas UTM: Datum europeo 1950 (ED 50): H 29 // X 627.629,65 m / Y 4.727.969,07 m

Nota: as coordenadas da mina en A Ferradura, a algo menos de catro quilómetros da factoría, son
Coordenadas xeográficas: Datum europeo 1950 (ED 50): 42º 41’ 27,93’’ N – 7º 25’ 45,52’’ W
Coordenadas UTM: Datum europeo 1950 (ED 50): H 29 // X 628.671,02 m / Y 4.727.792,55 m

Tempo de uso:

Todo o ano.

Sistema de produción:

Por medio de escavación (perforacións e voaduras con explosivos) extráese a magnesita e trasládase en camións ata a estación de tratamento.

O material procedente da mina descárgase sobre unha moega que alimenta unha machucadora de mandíbulas (trituración primaria) que reduce o mineral a un tamaño máximo de douscentos milímetros.

Unha cinta transportadora leva o mineral triturado a un cono Symons, para a trituración secundaria. Co cribado sepáranse os tamaños inferiores a trinta milímetros e lévanse á moxega de almacenamento para a alimentación do forno; os tamaños superiores aos trinta milímetros devólvense ao cono Symons para unha nova trituración.

O mineral xa preparado introdúcese nun forno rotatorio inclinado de 60 m de lonxitude, do tipo dos de cemento, alimentado en contracorrente por un queimador de fuelóleo que procura no interior temperaturas descendentes de 1.000 a 200 ºC.

No forno ten lugar a case total descarbonatación do material, que pasa a converterse en óxido de magnesio (magnesita calcinada) cun 86% de riqueza e unha perda ao lume inferior ao 2%.

A magnesita calcinada e arrefriada nun cilindro rotativo, é transportada por unha canle vibrante metálica e almacenada para o seu posterior cribado. Despois de ser moída e clasificada, obtense tres tipos de produtos: po (tamaño inferior a 74 micrómetros), gránulos (sémola ou gritty, inferior a 2 mm) e graos (tamaños de 2 a 5 mm).

O polvo dos filtros do proceso trátase nunha pequena planta de granulación, obténdose un aglomerado (pellet) que comercialízase con tamaños de 2 a 5 mm.

Os diferentes produtos véndense, envasados ou a granel, para o seu emprego no sector agrícola como fertilizante, corrector de solos ou na alimentación animal. Un 85% da produción expórtase aos mercados exteriores.

A meirande parte da produción expórtase por vía marítima dende Marín principalmente ao Reino Unido, Francia, Suíza, Suecia, Dinamarca, Irlanda, Italia, Finlandia, Estados Unidos, Canadá, Portugal, Marrocos, etc.

Actividades laborais:

Cabe distinguir a actividade extractiva na mina, o transporte a planta de tratamento e as tarefas de procesado nas instalacións fabrís.

Emprego:

A 31 de decembro de 1969 a empresa declaraba oitenta "produtores". No ano 2010 traballaban un total de trinta e oito persoas, catorce na mina e vinte e catro na planta de tratamento.

Materias Primas:

Magnesita (carbonato de magnesio, CO3Mg).

Produtos Elaborados:

Magnesita calcinada (óxido de magnesio, MgO, tamén coñecido como magnesia ou magnesita cáustica), e magnesita granulada (carbonato de magnesio, CO3Mg).

Distribución e comercialización:

Nacional e internacional.

Referencias Bibliográficas:

Carmona Badía, J.; Nadal Oller, J., 2005. El empeño industrial de Galicia. 250 años de historia, 1750-2000. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza. DL C-2342-2005. ISBN 84-95892-38-3.

Centro Nacional de Información Geográfica, Fotototeca Digital, Instituto Geográfico Nacional, Ministerio de Fomento del Gobierno de España [en línea]. Disponible en internet: http://fototeca.cnig.es/ [Acceso 25 junio 2017].

Cerro Gómez, J. del, 1986. Descripción y aprovechamiento del yacimiento de magnesitas de Rubián (Lugo), Magnesitas de Rubián, S.A. [en línea]. Disponible en internet http://www.udc.es/files/iux/almacen/articulos/cd06_art18.pdf [Acceso 25 junio 2017].

Córdoba de la Llave, R., 2008. “Las artes del fuego: metalurgia y alfarería”, Ars Mechanicae: ingeniería medieval en España, Pedro Navascués Palacio (coord.), Madrid: Ministerio de Fomento (CEDEX-CEHOPU) y Fundación Juanelo Turriano, p. 203-213. DL M-46232-2008. ISBN 978-84-7790-470-0.

Gross, K., 1942. “Hornos industriales”, Manual del Ingeniero, Enciclopedia del Ingeniero y del Arquitecto compilada por la Academia Hütte de Berlín, 2ª ed. trad. de la 26ª edición alemana. Barcelona: Gustavo Gili, tomo IV, capítulo X: Hornos industriales, p. 1017-1076.

La minería de Galicia, 1991, Santiago de Compostela: Dirección Xeral de Industria de la Xunta de Galicia. DL C-1341-1991.

Mirre, J.C., 1990. Guía dos minerais de Galicia, Vigo: Galaxia. DL VG-328-1990. ISBN 84-7154-729-5.

Taboada Arceo, A., 1971. Galicia, estructura y ritmo socio-económicos. La Coruña: Servicio de Estudios y Publicaciones de las Cámaras Oficiales de Comercio, Industria y Navegación de Galicia. DL C-145-1971.

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 124-III O Oural // Datum europeo 1950 (ED50) H 29 // X 626.679,52 m / Y 4.728.832,58 m

Instituto Geográfico Nacional. Serie MTN25 (Mapa Topográfico Nacional 1:25.000), Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica [en línea] Disponible en Internet: https://www.cnig.es/serieNacional25.jsp [Acceso 9 abril 2014].

Instituto Geográfico Nacional. Serie MTN50 (Mapa Topográfico Nacional 1:50.000), Madrid: Centro Nacional de Información Geográfica [en línea] Disponible en Internet: https://www.cnig.es/serieNacional50.jsp [Acceso 9 abril 2014].

Instituto de Estudos do Territorio da Xunta de Galicia. Mapas de Galicia 1:5.000, Santiago de Compostela: Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas [en liña] Dispoñible na Internet: http://sitga.xunta.es/sitganet [Acceso 24 abril 2014].

Instituto de Estudos do Territorio (IDE) da Xunta de Galicia. Información Xeográfica de Galicia: visualizador de mapas [en liña]. Dispoñible na Internet: http://mapas.xunta.es/visualizador-de-mapas [Acceso 25 xuño 2017].

Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural). Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícola (SixPac): visor de mapas [en liña]. Dispoñible na Internet: http://sixpac.xunta.es/visorsixpac/ [Acceso 25 xuño 2017].

Data de Actualización:

16 xullo 2017