716 Viaduto ferroviario d’A Chanca

Galería de Fotos

VerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVerVer
  • Provincia: Lugo
  • Concello: Lugo
  • Parroquia: Lugo (urbana)
  • Lugar: Lugo
  • Paraxe: A Chanca
  • Dirección: Camiño das regas
  • Coord. Xeográficas - Latitude: 43.012069939533134
  • Coord.Xeográficas - Lonxitude: -7.54634808184814
  • Coordeadas UTM: Datum ETRS89: H 29 // X 618.470,73 m / Y 4.763.165,64 m
  • Clasificación: Ponte para ferrocarril
  • CNAE: 49.10 Transporte interurbano de pasaxeiros por ferrocarril; 49.20 Transporte de mercancías por ferrocarril.
  • Tipoloxía: Viaduto de fábrica de cantearía e cachote de pedra
  • Comarca: Lugo
  • Marco Xeográfico: Vaganta na aba do levante da cidade de Lugo, paso sobre o leito do río da Chanca, a uns trescentos metros augas abaixo da xunta
  • Ámbito: Rural (hoxe periferia urbana)
  • Acceso: En Lugo, localizaremos na periferia este da cidade a rúa San Eufrasio (estrada LU-530) e baixaremos pola rúa da Chanca, achegándonos ao viaduto ferroviario.

Tipo de propiedade:

Pública

Visitable:

Si

Xestión de visitas:

Non procede

Historia:

A ponte é o artificio co que se intenta establecer un paso permanente por riba dunha corrente de auga. Case que sempre constrúese onde hai un vao ou porto para o paso do río; tamén naqueles puntos onde é un paso de barca o que permite cruzar a outra orela.

Con anterioridade a ocupación romana, non se ten identificado o uso de pontes na primitiva rede de camiños megalíticos e castrexos, buscando seguridade case que sempre trazados polas penechairas ou cristas topográficas. De teren que salvar unha corrente, nas pouco importantes habilitaríanse pasos ao xeito das pontellas, poldras, espoldras, pasais e pontillóns que inda coñecemos; nos ríos e cursos fluviais de entidade, recorrerían ás barcas e os vaos.

Na antigüidade e inda ben pasada a Idade Media, as pontes adoitaban estar nun permanente estado de construción e transformación, e o tempo que levaba edificalos e darlles a firmeza necesaria podía ser de séculos. De aí que toda ponte antiga sexa cualificada polo común como “romana”, malia que, en Galicia, tan só a ponte Freixo e a Bibei conservan a meirande parte da fábrica daqueles tempos.

Sen contar os erros que puidera haber no deseño e a construción, ademais das riadas e avenidas extraordinarias, o seu uso produce un deterioro que exixe unha constante conservación que, de non facerse, acelera a ruína e a destrución.

Posibelmente, a primeira ponte, entendida como unha estrutura que permite salvar un espazo que está a un nivel inferior (un río, un cavorco, unha engroba), sería unha árbore tendida dun lado ao outro da fenda no camiño. A falta de árbores, para cruzar obstáculos estreitos tenderíanse lastras.

O emprego de apoios intermedios, piares de pedra ou madeiros espetados no leito, permitiría salvar pasos de maior anchura, tanto con pontes de madeira como de pedra, pero súa integridade e duración estaría supeditada a resistencia da construción ás riadas.

Habería diferentes intentos de salvar o baleiro construíndo estruturas lonxitudinais máis ou menos sólidas, cos mínimos sostementos intermedios e coa zona de tránsito formada por vigas transversais, aínda que raramente soportaban o paso de cargas pesadas.

O adianto radical na construción de pontes veu dado polo desenvolvemento de estruturas lonxitudinais capaces de transmitir as cargas aplicadas verticalmente de maneira que fosen sostidas unicamente polos apoios dos estremos, podendo prescindir da utilización de piares intermedios para o sostemento da ponte: nacía a ponte de arco.

Os enxeñeiros romanos empregarían habitualmente a técnica da ponte de arco na construción de acuedutos, cloacas, bóvedas e –por suposto- pontes. A extensión do Imperio Romano contribuiría ao coñecemento e difusión da técnica por todos os seus dominios. O emprego de argamasas e morteiros como complemento da pedra seca, contribuiría á solidez dos traballos máis exixentes: piares en lugares de fortes correntes, portos marítimos.

As sólidas pontes de pedra labrada e as calzadas pavimentadas convivirían por moitos séculos coas pontes de madeira, máis ou menos permanentes, sen que se rexistren novidades significativas ata o século XVIII.

Ao longo da Idade Media destruiríanse moitas das pontes existentes, por entender que os ríos constituían unha boa defensa natural fronte as invasións. As pontes conservadas, punto débil no sistema defensivo feudal, serían protexidas con fortificacións. Unha curiosidade destes tempos serían as pontes “habitadas”, nas que se construían vivendas e tendas que miraban de escapar do contrato de censo (tributo pagable ao propietario do chan) e da peaxe (tributo pagable ao señor feudal).

Nos comezos do século XVIII, Hubert Gautier, inspector de pontes e calzadas do Rei de Francia, escribiría o primeiro libro de enxeñería para a construción de pontes (Hubert Gautier, 1714) e aparecería o uso das vigas (madeiro groso e longo, disposto horizontalmente) como innovación de importancia no deseño e construción das pontes.

O fito seguinte chegaría coa Revolución Industrial, primeiro co emprego do ferro fundido dende 1777 (Iron Bridge, sobre o río Severn) e, despois, co emprego dos aceiros, cuxo superior límite elástico vai permitir a construción de pontes con grandes luces. Finalmente, a inclusión de armaduras de aceiro no formigón, o formigón armado, marcaría o futuro desenvolvemento das modernas estruturas, non só das pontes, dende o perfeccionamento de François Hennebique en 1895 na fábrica de Turcoing (Lille, Francia).

Descrición Xeral do Entorno:

Curso baixo do río d’A Chanca, a uns trescentos metros augas abaixo da xunta do río Fervedoira co río Rato e próximo a desembocadura no leito do río Miño ao seu paso pola cidade de Lugo. A ponte localízase ao seu paso por Lugo onde decidira o deseñador da liña de Ponferrada á Coruña, buscando acortar a chegada á cidade, acomodar as pendentes do trazado coas necesidades ferroviarias e salvar co mínimo coste o paso pola vaganta d’A Chanca.

Construcción:

1871-1874.

Abandono:

Sometido ás lóxicas revisións técnicas e operacións de mantemento, o viaduto continúa hoxe en día prestando servizo ao tráfico ferroviario.

Descrición:

O viaduto ferroviario ou ponte d’A Chanca sería proxectada polo enxeñeiro de camiños Pedro Antonio de Mesa Arroquia, desde o mes de outubro de 1865 ao servizo da «Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España» para traballar como director, responsable do deseño e a execución, do tramo de Ponferrada a A Coruña da concesión da liña ferroviaria que tiña orixe en Palencia.

Nun acto organizado polo ferrolán Juan Flórez Freire, as obras desta liña de acceso a Galicia foran inauguradas en 1858 pola raíña Isabel II, mais no serían postas en servizo ata 1883. Flórez sería concesionario, en 1860, do ferrocarril de Palencia a León, e participaría posteriormente na xestación das liñas de Ourense a Zamora, de Zamora a Astorga, de Pontevedra a Redondela e de Ourense a Vigo, e tamén na conexión de Betanzos a Ferrol.

A estación ferroviaria de Lugo inauguraríase o 10 de outubro de 1875 coa apertura do tramo de A Coruña a Lugo da liña férrea Palencia-A Coruña, entón responsabilidade da «Compañía de los Ferrocarriles de Asturias, Galicia y León». Estaban xa en curso as obras para a construción da ponte que salvaría a barrancada d’A Chanca, que comezaran o 20 de decembro de 1871 baixo a dirección de Ángel García del Hoyo, enxeñeiro técnico de obras do Corpo de Enxeñeiros de Camiños do Estado. Os traballos na ponte estenderíanse até o ano 1874, aínda que pasarían cinco anos máis antes de que o primeiro convoi ferroviario pasara polo viaduto, no mes de agosto de 1879.

A prolongación da liña ata A Pobra de San Xiao e Sarria completaríase nos meses de marzo e outubro de 1880, e marcaría o comezo do uso do viaduto d’A Chanca como paso ferroviario. Tres anos despois, a liña enlazaría Sarria con Toral de los Vados, xa no Bierzo leonés. En 1884 poderíase chegar d’A Coruña a Madrid en ferrocarril.

A ponte, cunha lonxitude de case 298 metros e pouco máis de 29 metros de altura máxima sobre o chan, foi construída con fábrica de pedra. A estrutura vai dividida en dous estribos e tres piares estribo que serven de marco a catro grupos, cada un con cinco arcos de dez metros de luz. Recolle tamén Olaizola (2020) que aproveitáranse materiais da contorna (granito, lousa, area), para o que a compañía montara unha pequena vía mineira para o transporte dos mesmos ao pé da obra.

No mes de maio do ano 2021, o Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF), unha entidade pública dependente do Ministerio de Transportes do Goberno de España, e que ten como obxectivo a construción de liñas de ferrocarril e a xestión da súa explotación, anunciaba a realización no viaduto d’A Chanca de labores de limpeza, consolidación e ampliación da plataforma para poder acoller trens electrificados.

Tempo de uso:

Todo o ano.

Sistema de produción:

A construción da obra de fábrica sería totalmente realizada in situ, preparando e labrando os canteiros as pedras e os carpinteiros os puntais, táboas, escaleiras, estadas e armazóns requiridos no desenvolvemento dos traballos.

A construción sería completada coa colocación sobre a plataforma do viaduto das travesas e o balastro para a vía do tren e a montaxe dos raís do mesmo, previamente preparados nos talleres mecánicos operados pola compañía.

Actividades laborais:

Persoal técnico da compañía concesionaria. Contratación local de axudantes e peóns durante a execución das obras.

Emprego:

Sen datos.

Materias Primas:

Pedra labrada e cachotería de lousa nos estribos e os piares. Pezas de aceiro laminado e de aceiro forxado nas estruturas metálicas da ponte e nos raís da ferrovía.

Produtos Elaborados:

Viaduto ferroviario sobre obra de fábrica.

Distribución e comercialización:

Non procede.

Referencias Bibliográficas:

Alvarado Blanco, Segundo; Durán Fuentes, Manuel; Nárdiz Ortiz, Carlos (1989). Puentes históricos de Galicia. 2ª ed., 1990. Colegio Oficial de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, A Coruña:  Xunta de Galicia. DL C-367-1990. ISBN 84-404-8256-6.

Alzola y Minondo, Pablo (1899). Las obras públicas en España: estudio histórico, edición de 1979 del Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos, estudio preliminar de Antonio Bonet Correa. Madrid: Ediciones Turner. DL M-19088-1979. ISBN 84-985137-98-1.

Bas López, Begoña (1989). Camiños, pasos e pontes. Colección Raigame. Vigo: Ir Indo Edicións. DL VG-108-1989. ISBN 84-7680-017-7.

Carmona Badía, Xoán (1974). “Ferrocarril”, en Otero Pedrayo, Ramón (dir.), Gran enciclopedia gallega (30 vol.), vol. 12, p. 167-173. Gijón: Silverio Cañada Editor. DL VI-415-1974. ISBN 84-7286-029-9 (general). ISBN 84-7286-046-9 (tomo XII).

Gautier, Hubert Henri (1714). Traité des ponts, ou il est parlé de ceux des romains et de ceux des modernes. Paris: André Cailleau [en liña] Edición de 1728 depositada en 1919 na Harvard College Library, dixitalizada por Google e accesible na Internet [Acceso 24 xuño 2020].

González Tascón, Ignacio (1998). “Los caminos y los puentes”, en González Tascón, Ignacio (coord.), Los ingenios y las máquinas. Ingeniería y obras públicas de la época de Felipe II, p. 85-136, 2ª ed. 1999. Madrid: Sociedad Estatal para la Conmemoración de los Centenarios de Felipe II y Carlos V. DL M-23499-1999. ISBN 84-9514-6142.

González Tascón, Ignacio (2002). “La ingeniería civil romana”, en Artifex: ingeniería romana en España, p. 33-176 del catálogo de la exposición de igual nombre, 2ª ed. 2005, Ministerio de Fomento (CEDEX-CEHOPU), Fundación Juanelo Turriano, Ministerio de Cultura. Madrid: Secretaría General Técnica del Ministerio de Cultura. DL M-12127-2002. ISBN 84-369-3567-5.

González Tascón, Ignacio (2008). “Las vías terrestres y marítimas en la España medieval”, en Navascués Palacio, Pedro (coord.), Ars Mechanicae: ingeniería medieval en España, p. 33-67. Fundación Juanelo Turriano. Madrid: Ministerio de Fomento (CEDEX-CEHOPU). DL 46232-2008. ISBN 978-84-7790-470-0.

González Tascón, Ignacio; Velázquez Soriano, Isabel (2005). Ingeniería romana en Hispania: historia y técnicas constructivas. Madrid: Fundación Juanelo Turriano. DL 54204-2004. ISBN 84-95457-52-0.

Nárdiz Ortiz, Carlos (1992). El territorio y los caminos en Galicia. Planos históricos de la red viaria. Prólogo de José Antonio Fernández Ordóñez, Coordinación y diseño de Juan Lara Coira, Colección de Ciencias, Humanidades e Ingeniería, número 46. Madrid: Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. DL C-1552-1992. ISBN 84-380-0066-5.

Nárdiz Ortiz, Carlos (2019). El paisaje en la ingenieria. Madrid: Centro de Estudios y Experimentación de Obras Públicas (CEDEX). ISBN 978-84-77906-18-6.

Olaizola Elordi, Juanjo (2020). “145 años del ferrocarril de A Coruña a Lugo: el viaducto de A Chanca”, en Historias del tren [en línea] http://historiastren.blogspot.com/2020/11/145-anos-del-ferrocarril-de-coruna-lugo_9.html [Acceso 17/10/2022].

Peris Torner, Juan (2012). “Asturias á Galicia y León (AGL) Compañía del Ferrocarril del Noroeste de España”, en Ferrocarriles de España [en línea] Disponible en Internet: https://www.spanishrailway.com/palencia-a-la-coruna-compania-de-los-ferrocarriles-del-noroeste-de-espana-2/ [Acceso 09/11/2022].

Peris Torner, Juan (2012). “Palencia á La Coruña (Compañía de los Ferrocarriles del Noroeste de España)”, en Ferrocarriles de España [en línea] Disponible en Internet: https://www.spanishrailway.com/palencia-a-la-coruna-compania-de-los-ferrocarriles-del-noroeste-de-espana-2/ [Acceso 09/11/2022].

Varela Pérez, Jesús (2021). “Así será la reforma del histórico viaducto de A Chanca en Lugo”, en La Voz de Galicia, ed. Lugo, 02/05/2021.

Varela Pérez, Jesús (2021). “El viaducto de A Chanca de Lugo, la obra de ingeniería que impresionó hace 150 años y lo sigue haciendo ahora”, en La Voz de Galicia, ed. Lugo, 17/12/2021.

VV.AA. (1982). José Eugenio Ribera Dutasta, Ingeniero de Caminos (1864-1936). Catálogo de la exposición celebrada en Madrid en junio de 1982, prólogo de José Antonio Fernández Ordóñez. Madrid: Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos. DL M-19252-1982. ISBN 84-380-0028-2.

Wais San Martín, Francisco (1967). Historia general de los ferrocarriles españoles, 1830-1941, 2ª ed. 1974. Madrid: Editora Nacional.

Índice de mapas e planos:

Localización no Mapa Topográfico Nacional 1:25.000: Folla 72-IV Lugo /// Datum ETRS89: H 29 // X 618.470,73 m / Y 4.763.165,64 m

Centro Nacional de Información Geográfica (s.f.). Fotototeca Digital. Instituto Geográfico Nacional, Ministerio de Fomento del Gobierno de España. http://fototeca.cnig.es/ [28/02/2020].

Instituto de Estudos do Territorio (IET) da Xunta de Galicia (s.f.). Información Xeográfica de Galicia: visualizador de mapas. http://mapas.xunta.es/visualizador-de-mapas [04/04/2020].

Instituto Geográfico Nacional (s.f.). “Mapa Topográfico Nacional 1:25.000”, en Mapas de España. Instituto Geográfico Nacional, Gobierno de España. https://www.cnig.es/buscarArtsMenu?categoria=MTN25-Mapa-Topográfico-Nacional-1:25.000 [18/01/2021].

Ministerio de Agricultura, Pesca y Alimentación del Gobierno de España (s.f.). Sistema de Información Geográfica de Parcelas Agrícolas (SIGPAC), Visor SigPac V 4.8 [en línea] https://sigpac.mapama.gob.es/fega/visor/ [04/04/2022].

Xunta de Galicia (Consellería do Medio Rural) (s/d): Sistema de Información Xeográfica de Parcelas Agrícola (SixPac): visor de mapas [en liña] Dispoñible na Internet: http://sixpac.xunta.es/visorsixpac/ [Acceso 18 agosto 2018].

Data de Actualización:

16 novembro 2022