Premio de Investigación Buxa

Comunicado do 25 de abril do ano 2024:
Consonte ás bases publicadas o 30 de xaneiro do ano 2023, decidiuse a concesión do Premio de Investigación Buxa 2023-2024 ao traballo que co título As minas dos ingleses: San Finx até a I Guerra Mundial foi presentado baixo o lema “Ouro negro”, traballo do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autor don Joám Evans Pim.

O xurado foi presidido por don Claudio Otero Eiriz, sendo vogais don Xaquín Lores Torres e don Santiago Llovo Taboada. Como secretario actuou o presidente de Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial, don Manuel Lara Coira. Nas súas deliberacións, os membros do xurado tiveron en consideración nos traballos analizados: a) Esforzo de investigación; b) Contextualización das referencias; c) Novidade e interese; d) Adaptación á convocatoria; e) Aportación ao coñecemento; f) Aspectos formais.

De conformidade co recollido nas devanditas bases, o traballo premiado, xunto cos que foron tamén aceptados na fase de concurso, será publicado nun volume que estará ao dispor antes do mes de abril do vindeiro ano.


Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2023. As bases pódense consultar AQUÍ.




Premio de Investigación Buxa 2021-2022

Comunicado do 30 de abril do 2022:
Consonte ás bases publicadas o 30 de xaneiro do ano 2021, decidiuse a concesión do Premio de Investigación Buxa 2019-2020 ao traballo que co título «Amasando patrimonio. O legado arqueolóxico e industrial de Boimorto» foi presentado baixo o lema “De romanos, raianos e paisanos”, traballo do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autora dona María de los Ángeles Verea Castelo. O xurado foi presidido por don Claudio Otero Eiriz, sendo vogais don Xaquín Lores Torres e don Santiago Llovo Taboada. Como secretario actuou o presidente de “Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial”, don Manuel Lara Coira.
Nas súas deliberacións, os membros do xurado tiveron en consideración nos traballos analizados: a) Esforzo de investigación; b) Contextualización das referencias; c) Novidade e interese; d) Adaptación á convocatoria; e) Aportación ao coñecemento; f) Aspectos formais.
De conformidade co recollido nas devanditas bases, o traballo premiado, xunto cos que foron tamén aceptados na fase de concurso, será publicado nun volume que estará ao dispor antes do mes de abril do vindeiro ano.

Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2021. As bases pódense consultar AQUÍ.




Comunicación do 30 de novembro do 2020:
Consonte ás bases publicadas o 30 de xaneiro do ano 2019, nas comunicacións intercambiadas vía Internet (por mor da situación sanitaria), decidiuse a concesión do premio ao traballo que foi presentado baixo o lema “Lagoas” do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autora dona María de los Ángeles Verea Castelo. O xurado foi presidido por don Luis Alonso Álvarez, sendo vogais don Claudio Otero Eiriz, e don Santiago Llovo Taboada. Como secretario actuou don Manuel Lara Coira, presidente de “Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial”.
Nas súas deliberacións, os membros do xurado tiveron en consideración nos traballos analizados: a) Esforzo de investigación; b) Contextualización das referencias; c) Novidade e interese; d) Adaptación á convocatoria; e) Aportación ao coñecemento; f) Aspectos formais.
Os tres traballos admitidos na fase de concurso, os lemas baixo o que se presentaron, os títulos e os seus respectivos autores foron:
Díxolle o pote ao caldeiro / A mineira de Vilaoudriz e a casa de banca de Bengoechea: unha historia económica da Mariña Oriental durante a Primeira Guerra Mundial / Hadrián Fernández García
Remolacha / A industria azucreira en Galicia / Alberta Lorenzo Aspres
Lagoas / Cerámica Santa Ana / María de los Ángeles Verea Castelo
De conformidade co recollido nas devanditas bases, os tres traballos serán publicados nun volume que, de non xurdiren outros atrancos, estará ao dispor antes do mes de abril vindeiro.

Notificación do 2 de xaneiro do 2020
Na ducia de traballos recibidos para concorrer ao premio de investigación 2019-2020, cinco deles carecen dos arquivos dixitais que se definen no parágrafo oito (Publicación): “Para facilitar a súa revisión e edición, os traballos presentarase tamén en formato electrónico…”. Prégase aos autores dos traballos identificados polos lemas “Ardora”, “Filástica”, “Lagoas”, “Oneire” e “Remolacha” envíen cadanseu CD (identificado co lema correspondente) á sede de Buxa antes do trinta de xaneiro en curso.

Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2019. As bases pódense consultar AQUÍ



Premio de investigación Buxa 2017

Comunicación do 13 de abril do 2018: Consonte ás bases publicadas para o Premio de Investigación 2017-2018, proclámase deserto.

Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial convoca o Premio de Investigación Buxa 2017. As bases pódense consultar AQUÍ



Premio de investigación Buxa 2015

Comunicación do 30 de abril do 2016: Consonte ás bases publicadas o 11 de febreiro do ano 2015, na reunión celebrada o día 29 de abril do ano 2016 decidiuse a concesión do premio ao traballo que foi presentado baixo o lema “Traballo e vida” do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autora dona Tamara Campo Táboas. O xurado foi presidido por don Xoán Carmona Badía, Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade de Santiago de Compostela, sendo vogais don Luis Alonso Álvarez, Catedrático de Historia e Institucións Económicas na Universidade da Coruña, don Gerardo Cueto Alonso, profesor do Departamento de Xeografía, Urbanismo e Ordenación do Territorio na Universidade de Cantabria, don Miguel Ángel Álvarez Areces, presidente do Comité Internacional para a Conservación e Defensa del Patrimonio Industrial en España (TICCIH-España), e dona Iria Sobrino Fagilde, arquitecta colaboradora no inventario de arquitectura industrial de Vigo e a súa zona de influencia e coordinadora en proxectos de patrimonio industrial. Como secretario actuou don Manuel Lara Coira, presidente de “Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial”. O xurado desexa deixar constancia expresa da alta valoración da que foi merecedor o traballo presentado baixo o lema “Catedral”, do que, unha vez aberta a correspondente plica, resultou ser autora dona Alberta Lorenzo Aspres, responsable do “Proxecto Arga, Arquitecturas Rehabilitadas de Galicia“.

Os cinco traballos admitidos na fase de concurso, os lemas baixo o que se presentaron, os títulos e os seus respectivos autores foron:

Primeiro se destrúe, logo se reflexiona / O patrimonio industrial como recurso básico do turismo industrial. O arsenal, estaleiro e gremios na Ruta da Construción Naval de Ferrol / Manuela Santalla López

A fortificación é un instrumento que fai que poucos podan defenderse de moitos / Innovación técnica do patrimonio militar defensivo do Golfo Ártabro / José López Hermida

Catedral / Arquitecturas da electricidade. A central hidroeléctrica do Tambre / Alberta Lorenzo Aspres

Nautilus / A diversificación industrial en Ferrol, séculos XVIII-XX / Guillermo Llorca Freire

Traballo e vida / As canteiras do litoral moañés / Tamara Campo Táboas