Quen somos

Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial é unha entidade sen ánimo de lucro constituída ó amparo da Lei Orgánica 1/2002, do 22 de marzo, reguladora do Dereito de Asociación. O seu fin é o fomento do coñecemento da industria nas súas abas técnica, arqueolóxica, histórica, económica, sociolóxica, ambiental e historiográfica. Para a consecución deste fin, Buxa ten, entre outros, os seguintes obxectivos:

  • A investigación do patrimonio industrial (arqueolóxico, antigo, moderno e contemporáneo), da historia industrial, da economía industrial, da socioloxía industrial e da historiografía industrial.
  • A difusión por calquera medio do coñecemento do dito patrimonio industrial, da historia industrial, da economía industrial, da socioloxía industrial e da historiografía industrial.
  • A recuperación, a rehabilitación, a construción e a reconstrución material, así como a defensa e a promoción, do dito patrimonio industrial.
  • O inventario do patrimonio industrial e a xestión do coñecemento do mesmo, aínda nos seus aspectos técnicos, arqueolóxicos, históricos, económicos, sociolóxicos, ambientais e historiográficos, xa con medios informáticos ou telemáticos, xa por calquera medio en soporte tradicional.
  • A organización ou realización de estudios, xornadas, seminarios, cursos e eventos en xeral cara a consecución dos fins indicados.
  • O patrocinio, a preparación, o deseño, a edición e a distribución de publicacións en calquera tipo de soporte para a consecución dos fins indicados.
  • Calquera outra actividade encamiñada á divulgación e consecución dos fins anteriormente citados.

Dende Buxa procuramos a recuperación, a rehabilitación, e a reconstrución material do patrimonio industrial da nosa terra, así como o mellor coñecemento, a defensa e a promoción do dito patrimonio industrial como parte da nosa historia; en definitiva, a posta en valor do noso patrimonio industrial.

Multitude de actividades humanas que tiveran, e aínda teñen, profundas consecuencias históricas deixaron a súa pegada no que se coñece como patrimonio industrial: ferramentas, maquinaria, edificios, canteiras, minas, camiños, vehículos, pontes, canles, embarcacións… Este singular patrimonio ten un valor social universalmente recoñecido como parte do rexistro de vidas de homes e mulleres correntes, e, como tal, proporciona un importante sentimento de identidade.

O coñecemento deste acervo cultural, a súa recuperación e a súa preservación para xeracións futuras garante unha mellor intelixibilidade do noso decurso histórico e do enorme impacto que a industrialización tivo sobre a nosa cultura. E non é menos importante o papel que desempeñan estes referentes culturais na revitalización dos vínculos de moitas persoas cos seus referentes territoriais.

O inventario do patrimonio industrial e a xestión do coñecemento do mesmo, aínda nos seus aspectos técnicos, arqueolóxicos, históricos, económicos, sociolóxicos, ambientais e historiográficos, poden achegar a nosa terra unha nova riqueza, cultural e turística.

Entendemos ademais que é obriga de toda sociedade, a nivel individual e colectivo, conservar e protexer o Patrimonio Industrial para o seu mellor coñecemento e difusión coma parte inescusable do Patrimonio Cultural, e porque nel se xuntan dous aspectos ou valores fundamentais: primeiro, como documento e información histórica de todo tipo e de calquera época, o que ten unha transcendencia científica, educativa e social innegable; e segundo, pero non menos importante, como conxunto de bens herdados, como verdadeiros bens patrimoniais, que poden ser gozados e utilizados por toda a comunidade social -tanto a propia como a que vén de fóra- para usos didácticos, turísticos, sociais, ou de lecer.

Buxa, Asociación Galega do Patrimonio Industrial foi declarada de utilidade pública por Orde do 20 de decembro do 2013 (Diario Oficial de Galicia número 1, de 2 de xaneiro do 2014).

Aquí pode consultar os   Estatutos – Statute   that you may review here

RELACIÓN DE SOCIOS / DIRECTORY OF MEMBERS

Socios fundadores (21-VII-2008) / Founder members (2008 July 21st):

Diéguez Pazos, Alejandro

Lara Coira, Manuel

Lorenzo Mur, Luis

Montero Martínez, José

Socios de número / Full members:

Andión López, Jorge

López Rico, Juan

Martínez de la Riva Rico, Pedro Antonio

Socios colaboradores individuais / Individual contributing members:

Álvarez Fernanz, Javier

Ares Gómez, José Enrique

Blanco Suárez, Xosé Luis

Candia Durán, Marco

Fernández Olea, Enrique

García Fraguela, Juan José

Liñares Túñez, Manuel Anxo

López Bedoya, Juan

López Bedoya, María

Martínez Pintos, Alberto

Merlán Bollain, Javier

Miranda Santos, Bruno de

Pérez Pérez, Xulio

Ramalleira Vázquez, Domingo

Rumbo Noya, José

Soto González, José Ramón Ovidio

Valdés González, Jaime

Verea Castelo, María Ángeles

Socios colaboradores colectivos e institucionais / Institutional and collective contributing members:

Asociación de Ingenieros Industriales de Galicia (AIIG)

Concello de Valga

Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (Universidade da Coruña)

Lembus Ingeniería y Consultoría Técnica, S.L.

Regasificadora del Noroeste, S.A. (REGANOSA)

Tasga Renovables, S.L. (TASGA)

Otros colaboradores / Other contributors

Asesoría Feyca

Cerezodesign / José María Cerezo

Culturmar, Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial

Ensenada de Ézaro Ediciones

Ilustre Colegio Oficial de Ingenieros Industriales de Galicia (ICOIIG)

Museo do Mar de Galicia

Nortideas

Varadoiro do Xufre

Antiguos colaboradores / Past contributors

Agalcari, Asociación Galega de Carpintería de Ribeira

Alarde Sociedad de Energía, S.A.

Albaola, Factoría Marítima Vasca

Amergin, Instituto Universitario de Estudos Irlandeses da Universidade da Coruña

Anú Pictures (Clonmel, Co. Tipperary, Ireland)

Asociación Cultural Xábrega (Ares)

Asociación de Ingenieros Navales y Oceánicos de España

Camino Society Ireland CLG (Dublin, Éire)

Carballo Couñago, Antonio

Casal Ramos, Diego

Consello Galego de Enxeñeiros Técnicos Industriais (CGETI)

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro da Consellería do Mar da Xunta de Galicia

Ecénarro Tomé, Ignacio

Editorial Sirio

Eixo Atlántico do Noroeste Peninsular

Energía de Galicia, S.A. (ENGASA)

Escola de Enxeñaría Industrial de Vigo

Fundación Exponav

Fundación Gas Natural Fenosa (GAS NATURAL FENOSA)

G.O.C., S.A.

Iberdrola España, S.A.

Iberdrola Renovables Galicia, S.A. (IBERDROLA)

Instituto Universitario de Estudos Marítimos da Universidade da Coruña

Fernández Negral, Justino

Martínez López, José Antonio

Meitheal Mara CTR (Cork, Ireland)

Mesa Amado, María del Carmen

Pita da Veiga Vázquez, Juan

Salgado + Liñares, S.L.

Santalla López, Manuela

Secretaría Xeral de Modernización e Innovación Tecnolóxica da Presidencia da Xunta de Galicia

Sociedad Anónima de Obras y Servicios Copasa (COPASA)

Sociedade Galega do Medio Ambiente (SOGAMA)

Tesec Audiovisuales

Valdivieso Mateo, Mario

Via Veteris, Associação Jacobeia de Esposende

Villar Vaamonde, José Vicente

Vispalia Blanco, José María