022 Muíño de Casal
- Provincia: Pontevedra
- Concello: Catoira
- Parroquia: Catoira (San Miguel)
- Lugar: Tras da Veiga
- Paraxe: Monte de Pedras Miúdas
- Coord. Xeográficas - Latitude: 42.660229503075186
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.726738691329956
- Clasificación: Muíño de vento
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta fixa.
- Comarca: Caldas
- Marco Xeográfico: Monte de Pedras Miúdas
- Ámbito: Rural
Tipo de propiedade:
Privada
Historia:
Forma parte do conxunto de muíños do Monte de Pedras Miúdas, un total de cinco muíños de vento (Lorenzo, Riveiro, Catoira, Moure e Casall) que comparten as mesmas características. Pertenceu a un único propietario chamado D. A. Casal.
Descrición Xeral do Entorno:
Situado no Monte das Pedras Miúdas que sobrepasa os 100 m de altura. Moi preto atópase a Lagoa de Pedras Miúdas, formada de maneira natural nunha vella canteira.
Construcción:
Finais do século XIX por D. A. Casal.
Descrición:
Torre de planta circular sen ningún tipo de plataforma feita con cachotería de granito. O único van é a porta de madeira, que leva a un pequeno cubículo soterrado. O interior ten unha única planta e o piso é de pedras irregulares. A cuberta é a dúas augas, feita con tella do país e pedras para evitar que o vento as levante. Os elementos mecánicos son moi sinxelos, a trabe, ou eixe horizontal, atravesa diametralmente a torre; a ambos lados ten catro vareiros onde van as aspas.
Tempo de uso:
Todo o ano, ¡sempre que houbera vento bastante!
Actividades laborais:
Elaboración de fariñas.
Produtos Elaborados:
Fariñas.
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Muíños de vento de Pedras Miúdas. Concello de Catoira.
Data de Actualización:
2009