043 Muíño da Cavada
- Provincia: Pontevedra
- Concello: Meis
- Parroquia: Nogueira (San Lorenzo)
- Lugar: Cavada
- Coord. Xeográficas - Latitude: 42.530687633941085
- Coord.Xeográficas - Lonxitude: -8.682256817028206
- Coordeadas UTM: Datum ETRS89: Fuso 29 // X 525.979.42 / Y 4.709.173.26 m
- Clasificación: Muíño de vento
- Tipoloxía: Muíño fixo de torre con cuberta xiratoria.
- Comarca: O Salnés.
- Marco Xeográfico: No cumio do monte, alonxado do núcleo de poboación e algo menos da casa á que pertence.
Tipo de propiedade:
Privada
Construcción:
Descoñecida. O muíño xa existía cando mercaron as propiedades.
Descrición:
A torre asenta directamente no chan, sen plataforma; é cilíndrica, de fábrica de cachote e perpiaño con rachas, todo en pedra de gran. Ó ten un van e se corresponde có da porta.
Nas pedras do cumio non leva quenlla, polo que hai que pensar que esta sería de madeira e sobre ela xirarían as rodas. Parece ser que as aspas eran de tea ou lenzo, aínda que os informantes tamén apuntaron a posibilidade de que fosen de corres entretecidas.
Materias Primas:
Trigo
Produtos Elaborados:
Fariñas de trigo
Referencias Bibliográficas:
Bas López, B. Muíños de marés e de vento en Galicia. A Coruña: Fundación Pedro Barrié de la Maza, 1991. 439 p.: il. ISBN 84-87819-13-3
Data de Actualización:
2009